1 de xuño de 2020

A GUARDA

A ASOCIACIÓN TRANS MIÑO VÉN DE SOLICITAR A SINATURA DE CONVENIOS CON VARIOS ORGANISMOS   

DE COLABORACIÓN COA CONSELLERÍA DE BENESTAR E TRABALLO, COA DEPUTACIÓN PONTEVEDRA E O CONCELLO DA GUARDA
    


 Asociación Trans Miño / A Guarda

  Esta fin de semana dende Asociación Trans Miño e as súas seccións (DICO-TRANSMIÑO-LGBIQ+) veuse solicitando a sinatura dun convenio entre a asociación e a Consellería de Benestar e Traballo. Concretamente para que Asociación Trans Miño entre dentro do programa Rexistro Único Entidades Prestadoras Servicios Sociais (RUEPPS), que ofrece a devandita consellería da Xunta de Galicia. Dito convenio favorecerá a asociación a hora de solicitar calquera tipo de subvención que veña encamiñada pola vía de Servizos Sociais.   

 Tamén, se solicitou a inclusión de dita asociación dentro do programa de igualdade ofrecido pola Deputación de Pontevedra, onde ese organismo provincial, abriu o prazo para solicitar as actividades para o fomento da igualdade efectiva entre mulleres e homes e a prevención e detección de violencias xénero. 

 Sen abandonar o eido económico, a parte da solicitude de ambos convenios, solicitouse ao Concello da Guarda a entrada da asociación dentro do programa de subvencións nominativas para o ano 2021.  

 Dentro dos traballos que se estaban facendo no estado de alerta foi na mellora e ampliación dos Plans de Responsabilidade Social Corporativa (R.S.C). Estes traballos de melloras foron encamiñados, cara facilitar a súa lectura e comprensión, optando polo uso dunha presentación curta, onde se engade a esencia do programa de Responsabilidade Social Corporativa, optando por este modelo co obxectivo de facer máis atractiva e áxil a súa visualización, podendo velos no apartado do blog en RSC https://asctransminolgtbiq.blogspot.com/ continuando coas tarefas que se levaron e se están a levar a diante  foi o plantexamento das actividades que se levarían a cavo neste segundo cuatrimestre (de maio a agosto), as cales tiveron que ser aprazadas ou suspendidas polo estado de confinamento debido o Covid-19.

 En breve e dependendo sempre do estado de alerta [no]que estémos, os iremos anunciando ditas actividades. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario