6 de maio de 2020

PONTEVEDRA

A Deputación de Pontevedra inicia o reparto de 57.000 mascarillas nos concellos da provincia de menos de 20.000 habitantes  

O material de protección forma parte da partida de 7 millóns de unidades que o Goberno de España e a FEMP está a distribuír no Estado

     Pazo da Deputación provincial de Pontevedra
Foto: D.PO.


Infogauda / Pontevedra

  Os concellos da provincia de menos de 20.000 habitantes recibirán desde este xoves a primeira entrega de máscaras coordinada pola Deputación de Pontevedra que se repartirán con criterios obxectivos segundo a poboación e o índice de sobre envellecemento. Este material de protección procede da achega de 7 millóns de unidades, posta en marcha polo Goberno de España e a Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP), segundo a cal as Deputacións se encargan da súa distribución nos concellos máis pequenos de cada provincia.

  A Deputación de Pontevedra distribuirá un total de 57.000 mascarillas, do reparto da Delegación do Goberno, que estarán destinadas aos colectivos máis vulnerables de cada vila, de menos de 20.000 habitantes. En concreto, ás persoas máis maiores ou atendidas por teleasistencia, e ao persoal municipal máis exposto ao virus como o dos servizos de limpeza e recollida de residuos sólidos, empregados/as do transporte público, traballadores/as sociais e do SAF ou persoal de protección civil e emerxencias como policía local ou anti incendios.

  O reparto deste material de protección entre os concellos faise en función de dous criterios obxectivos, unha cantidade lineal por tramos de poboación: de hasta 3.000 habitantes, de 3.000 a 5.000, de 5.000 a 10.000, de 10.000 a 15.000 e de 15.000 a 20.000. A esta cantidade se engade unha segunda partida destinada a aqueles concellos que teñen un maior factor de sobre envellecemento.

  Atendendo a estes criterios, nesta entrega da Deputación, 8.000 mascarillas chegarán este xoves á comarca do Deza-Tabeirós/Terra de Montes; 11.600 ao Salnés; 10.100 á comarca de Vigo; 10.900 á de Pontevedra; 8.500 máscaras serán entregadas nos concellos do Condado-A Paradanta; 2.400 nos do Morrazo e 5.500 nos do Baixo Miño.

Ningún comentario:

Publicar un comentario