15 de maio de 2020

O BAIXO MIÑO

O AMOR A UN NENX NON TEN SEXO  

15 DE MAIO DÍA DAS FAMILIAS 



Infogauda / O Baixo Miño 

 A Asociación Trans Miño coa súa sección de Trans Miño - LGTBIQ+, conmemora o Día Internacional das Familias reivindicando tal e como afirma seu portavoz Xermán Cordero Verde, a necesidade de que se aproben leis que contribúan a lograr a igualdade real de todos os modelos de familias. A organización denuncia que as familias compostas por dúas nais ou dous pais aínda afrontan dificultades cotiás polo mero feito de non axustarse ao modelo da heteronormatividade.  

 Trans Miño- LGTBIQ subliña que aínda non existe un acceso universal ás técnicas de reprodución asistida na sanidade pública para as parellas compostas por dúas mulleres, nin a posibilidade de crionizar ou preservar gametos dos homes e as mulleres trans para poder optar a ter descendencia e garantir o dereito á xestación dos homes trans. Neste ámbito, existe disparidade de dereitos segundo a comunidade autónoma de residencia, de aí a necesidade de que se aprobe con urxencia a Lei de Igualdade LGTBI actualmente en trámite parlamentario no Congreso dos Deputados”.  

 A organización tamén alerta sobre outros aspectos que afastan ás familias da plena igualdade, como que as parellas de mulleres teñan necesariamente que estar casadas para inscribir ás súas fillxs no Rexistro Civil, algo que non ocorre nas parellas compostas por un home e unha muller; a invisibilidade das familias LGTBI e as familias homoparentales no sistema educativo ou nos libros de texto; ou a inadecuación dos formularios oficiais á realidade homoparental.   

 “Solicitamos - dixo Xermán Cordero - e impulsamos a conmemoración do Día Internacional das Fami-lias nos centros educativos fronte ao Día da Nai e Día do Pai, por non ser inclusivos para os diferentes tipos de familias”, quen tamén lamentou a discriminación que supón poñer en dúbida a capacidade dos homes gais ou bisexuais de afrontar a crianza das súas fillxs, sendo algo “prexudicial para os ho-mes, pero tamén para as mulleres xa que llas segue relegando ao papel exclusivo do coidado e a crianza nos fogares”.

Ningún comentario:

Publicar un comentario