4 de maio de 2020

O BAIXO MIÑO

A ASOCIACIÓN ASISTENCIAL SOS TOMIÑO BAIXO MIÑO FAI BALANCE DO MES DE ABRIL 

Máis de 12.600 quilos de alimentos entregados no mes de abril


Informa: Asistencial SOS Tomiño Baixo Miño

 A Asociación Asistencial SOS Tomiño Baixo Miño fai un balance do mes de abril de 2020, no que fai constar:

a)    as familias atendidas nos  concellos de Tui, Tomiño, O Rosal e Oia  

b)    a cantidade de alimentos entregados.   

 Atendéronse 433 persoas, organizadas en 137 unidades familiares.  

 Entregouse un total de 12.635 quilos de alimentos. A distribución é a seguinte: 

•    2.297 entregáronse en Tomiño
•    8.284 en Tui
•       589 no Rosal 
•   1.465 en Oia.   

 Despois da última entrega de alimentos realizada o sábado 18 de abril de 2020, constatouse un notable aumento de solicitudes de axuda alimentaria: pásase de atender a 137 familias (433 persoas) a 145 familias (462 persoas). 

 Para a próxima entrega de alimentos, que terá lugar o sábado 9 de maio xa se atenderán 145 familias (462 persoas). Un incremento de 8 familias (45 persoas).

 Actualmente estanse tramitando unha media de 6 expedientes de solicitude de axuda por semana.

NECESITAS AXUDA?  

 Seguindo o protocolo derivado do Estado de Alarma, as oficinas de atención ao público permanecen pechadas 

 Estamos a atender ás familias que necesitan axuda  

•    a través do correo electrónico sostomino@hotmail.es •    por  WhatsApp nos o teléfonos 629 258 069 ou 655 607 935.   

 Toda a información que se poida necesitar, pódese atopar na páxina web www.sostomino.org    

QUERES AXUDAR?  

 Pódese facer chegar calquera tipo de axuda contactando cos teléfonos anteriores ou a través da web    www.sostomino.org       

AGRADECEMENTOS  

 Nestes momentos, é imposible saír á rúa para buscar alimentos. 

 Non podemos organizar ningunha actividade para recollelos. 

 A consecuencia é que van diminuíndo no noso almacén algúns dos máis necesarios. 

 Por iso, a Asociación Asistencial SOS Tomiño Baixo Miño quere AGRADECER a todas as persoas, empresas, concellos, colexios e institutos e asociacións de todo tipo, as doazóns de alimentos e as achegas económicas que están a facer.

Ningún comentario:

Publicar un comentario