O Concello informa das subvencións do INEGA para aforro enerxético
Infogauda / A Guarda
O Concello de A Guarda deu a coñecer no día de hoxe que o Instituto Enerxético de Galicia fixo público o mapa de apoios “Enerxía 2020” con axudas e subvencións para entidades sen ánimo de lucro, empresas, autónomos e familias en xeral.
Este catálogo de axudas e subvencións están xa dispoñibles con apoios para proxectos ao longo do ano 2020 sobre aforro e eficiencia enerxética, mobilidade eficiente, aforro nas familias, enerxías renovables, axudas complementarias ao bono social e fomento da minería.
Entre os proxectos subvencionables atópanse actuacións en materia de auditorías enerxéticas, domótica eficiente, renove de electrodomésticos, biomasa, enerxía solar térmica e fotovoltaica, implantación de sistemas de xestión, entre outros.
As persoas ou entidades interesadas poden ampliar máis información na web do inega www.inega.gal
Ningún comentario:
Publicar un comentario