O Goberno galego decreta loito oficial na Comunidade durante o mes de maio
AS BANDEIRAS A MEDIO MASTRO NA DELEGACIÓN DA XUNTA/CASA DE GALICIA EN HOMENAXE ÁS VÍTIMAS DO COVID-19
Delegación da Xunta de Galicia en Madrid/Casa de Galicia
Foto: Casa de Galicia
Infogauda / Madrid
O Goberno de Galicia, que preside Alberto Núñez Feijóo, decretou loito oficial na Comunidade galega durante todo o mes de maio en homenaxe ás vítimas falecidas polo coronavirus COVID-19 e as súas familias.
O Goberno galego considera que finalizada a fase aguda da crise sanitaria é o momento de recoñecer as súas vítimas. En homenaxe a elas, na Delegación da Xunta en Madrid/Casa de Galicia ondean as bandeiras a medio mastro.
Ningún comentario:
Publicar un comentario