2 de maio de 2020

CAMPOSANCOS (A GUARDA)

CAMPOSANCOS GOZARÁ DE EXENCIÓN HORARIA NAS SAÍDAS PARA PASEAR E FACER DEPORTE

Sede da Entidade Local Menor de Camposancos
Foto: Cedida 

Infogauda / Camposancos

 Segundo a Orden SND/380/2020, de 30 de abril, sobre las condiciones en las que se puede realizar actividad física no profesional al aire libre durante la situación de crisis sanitaria ocasionada por el COVID-19; publicada polo Ministerio de Sanidad, no B.O.E. (Boletín Oficial del Estado), número 121, correspondente ao día 1 de maio de 2020, Referencia: BOE-A-2020-4767; "sobre a normativa da entrada en vigor das franxas horarias nas saídas para pasear e facer deporte, Camposancos no seu contexto de ente de ámbito territorial inferior ao municipio, terá exención no horario de saída sempre que sexa de 6:00 a 23:00 horas". 

 Desde a Entidad Local Menor de Camposancos, a súa presidenta Mª Mercedes Martínez Vázquez, baseándose no regulamento do B.O.E. e "despois de facer as xestións pertinentes de información e asesoramento coa garda civil, comunica aos seus veciños e veciñas que desde este sábado día 2 de maio, están exentos nos horarios estipulados polo Estado. Tendo en conta que pertencemos a unha entidade inferior a un municipio que administra un núcleo de poboación inferior a 5.000 habitantes, a practica das actividades permitidas, poderase levar a cabo de 6:00 a 23:00 horas".

Ningún comentario:

Publicar un comentario