Medio Ambiente solicita ao Estado concreción sobre o cupo de visitantes ao Parque Illas Atlánticas para reactivar o sistema de acceso e organizar o transporte marítimo
A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda envia unha carta á ministra para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico, Teresa Ribera, para coñecer o número de visitantes que poderán acceder en cada fase do Plan para a transición cara unha nova normalidade, deseñado polo Goberno central
Destaca que saber o número de prazas
para visitantes permite traballar con antelación e asegurar que o acceso
a estes espazos naturais sexa con todas as garantías necesarias para
equilibrar a conservación e o desfrute por parte dos usuarios
Foto: X.G.
Ángeles Vázquez recorda que o Parque Nacional Illas Atlánticas de Galicia conta cun plan reitor de usos e xestión, onde se establece un cupo de acceso diario en función da tempada
Infogauda / Galicia
A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, vén de trasladar á ministra para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico, Teresa Ribera, un escrito no que lle solicita unha maior concreción sobre o cupo que se establecerá, no momento en que entre en vigor a Fase I do plan para a recuperación da normalidade, deseñado polo Ministerio de Sanidade.
Segundo o Plan do Goberno Central, a partir desa fase poderán realizarse visitas en grupos reducidos aos parques naturais; mentres que na seguinte (a Fase II) se ampliará o número de visitantes a ditos espazos protexidos.
Neste sentido, a conselleira de Medio Ambiente solicita as previsións que manexa o Ministerio que dirixe Ribera sobre o número de persoas que poderán acceder ás illas do Parque Nacional en cada unha das fases. Tal e como indica Vázquez Mejuto, a Xunta quere coñecer esa cifra co fin de organizar con antelación o operativo de control e acceso ás illas.
Recorda que o Real Decreto 463/2020, de 14 de marzo, polo que se declara o Estado de alarma para a xestión da situación de crise sanitaria ocasionada polo Covid-19 e as súas sucesivas prórrogas, prohibiu o acceso ao Parque Nacional (salvo aos veciños/as das illas, a pesca e o marisqueo e ao persoal do Parque Nacional, para o desempeño nas súas funcións); polo que a Xunta adoptou a decisión de desactivar a aplicación informática para o sistema de autorizacións. Así, no momento en que se permitan as visitas, a Xunta ten que volver a activar esa aplicación co número de prazas que se poidan ofertar, así como organizar o servizo regular de acceso ás illas, horarios e condicións de atraque nos portos, coas compañía que ofrecen este transporte.
Indica que o feito de ter definidos ditos datos con antelación posibilitará estar preparados e deseñar un acceso a estes espazos naturais con todas as condicións e garantías necesarias para manter o equilibrio entre o regreso a estes espazos naturais únicos e a súa conservación.

Asemade,
a conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda recorda que o
Parque Nacional Marítimo Terrestre Illas Atlánticas de Galicia, o único
Parque Nacional na Comunidade, conta cun Plan Reitor de Usos e Xestión
–aprobado por Decreto 177/2018, de 27 de decembro- no que se establece e
fixa un cupo máximo de visitantes, en virtude da súa capacidade de
carga, que poden acceder a cada un dos arquipélagos, diferenciando a
tempada alta e a baixa.
Ningún comentario:
Publicar un comentario