A Xunta de Galicia executará a vindeira semana traballos de roza e
limpeza nas marxes de estradas autonómicas nas comarcas de Noia,
Fisterra, A Mariña, Vigo e Baixo Miño
As
tarefas executaranse a partir do luns nas estradas AC-554, en Outes; na
AC-445, en Corcubión, Cee e Fisterra; na LU-862, no Vicedo; na PO-552,
en Vigo e Tui; ou na PO-252, en Pazos de Borbén
Estas
actuacións xa se desenvolveron a semana pasada en vías da Mariña e do
Baixo Miño e seguirán nas próximas semanas no resto da comunidade
Os
traballos céntranse na retirada de especies pirófilas e nas rozas para
completar a conservación das estradas e reducir progresivamente o uso de
herbicidas
Infogauda / Galicia
Os traballos de roza e limpeza nas marxes das estradas autonómicas
continúan a vindeira semana nas comarcas de Noia, Fisterra, A Mariña,
Vigo e Baixo Miño.
A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, a
través da empresa pública Seaga, está a realizar estas tarefas de
acondicionamento nas franxas de dominio público de 30 vías autonómicas
das catro provincias para previr lumes e reforzar a seguridade viaria.
Estas actuacións, que xa comezaron a semana pasada, desenvolveranse a partir do luns nas estradas AC-554, en Outes; na AC-445 e na VG-1.4, en Corcubión, Cee e Fisterra; na LU-862, no Vicedo; na PO-552, en Vigo e Tui; ou na PO-252, en Pazos de Borbén.
Ao longo da semana pasada, estas obras leváronse a cabo xa nas marxes de vías das contornas da Mariña luguesa e do Baixo Miño.
Os traballos continuarán nas próximas semanas noutras estradas da comunidade autónoma ata ter finalizados en xullo todos os labores programados.
As tarefas céntranse na retirada de especies pirófilas, aquelas que son máis propensas á propagación do lume, co fin de previr incendios forestais.
Tamén se acometen rozas para completar o traballo ordinario de conservación das estradas e reducir progresivamente o uso de herbicidas, dando cumprimento a un acordo parlamentario.
Ademais realízase o acondicionamento de zonas verdes e sendas peonís, para que estean en condicións axeitadas, pensando xa no incremento de uso que experimentan no verán.
As intervencións teñen como obxectivos potenciar o efecto cortalumes das estradas; aumentar a seguridade viaria, cunha maior visibilidade; e fomentar unha mobilidade máis segura e sustentable mediante as sendas e zonas verdes para o tránsito peonil.
Ningún comentario:
Publicar un comentario