O Estudo de seroprevalencia fronte ao COVID-19 estima que en Galicia estaría inmunizada o 1,15% da poboación
A Consellería de Sanidade presentou esta mañá os resultados da primeira onda do Estudo de seroprevalencia fronte ao COVID-19 na que participaron 44.832 persoas
Infogauda / Galicia
Arredor de 30.000 persoas están
inmunizadas fronte ao COVID-19 en Galicia, o que supón un 1,15% da
poboación. Estas son algunhas das conclusións do Estudo de
seroprevalencia fronte ao COVID-19 que está realizando o Sergas e que se
presentou esta mañá en rolda de prensa.
Da base de datos de
tarxeta sanitaria, por mostraxe aleatoria simple, seleccionouse unha
mostra, estratificada en seis estratos, definidos polo sexo e os tres
grupos de idade de 0 a 18, de 19 a 64 e 65 a máis anos, para cada un dos
sete concellos con maior poboación de Galicia e para outras 38 comarcas
ou agrupacións de comarcas. En total son 45 mostras independentes.
Polo
de agora levouse a cabo a primeira das fases do estudo. Para realizala,
contactouse con 61.836 persoas seleccionadas de xeito aleatorio polo
Instituto Galego de Estatística, das que 44.832, o 72,5%, realizaron o
test. Delas, 385 deron resultado positivo.
Por territorios, a
provincia coa maior prevalencia, é dicir, a proporción de xente que
sería positiva dado o resultado da proba, é Ourense. Os datos indican
que o 1,88% da poboación da provincia, isto é 5.609 persoas, estarían
inmunizadas. En Ourense realizáronse un total de 6.983 probas, das que
94 arroxaron resultados positivos.
Datos da mostra
|
Estimación na poboación
| |||
Total
|
Positivos
|
Porcentaxe
|
Número
| |
Provincia
| ||||
A Coruña
|
15.823
|
91
|
0,77
|
8.436
|
Lugo
|
7.327
|
45
|
0,79
|
2.488
|
Ourense
|
6.983
|
94
|
1,88
|
5.609
|
Pontevedra
|
14.699
|
155
|
1,49
|
13.816
|
Área sanitaria
| ||||
A Coruña-Cee
|
7.142
|
32
|
0,62
|
3.397
|
Santiago-Barbanza
|
7.117
|
55
|
1,02
|
4.513
|
Ferrol
|
2.895
|
13
|
0,65
|
1.133
|
Lugo-A Mariña-Monforte
|
7.327
|
45
|
0,79
|
2.488
|
Ourense-Verín-O Barco
|
6.983
|
94
|
1,88
|
5.609
|
Pontevedra-O Salnés
|
5.305
|
52
|
1,35
|
3.881
|
Vigo
|
8.063
|
94
|
1,64
|
9.329
|
A
prevalencia de inmunes aumenta coa idade, tanto en homes como en
mulleres, pasando do 0,56% nos menores de 19 anos cun total de 2.196
persoas nese tramo de idade inmunizadas, ao 1,64% no grupo de 65 anos en
diante, con 10.959 persoas con anticorpos.
Datos da mostra
|
Estimación na poboación
| |||
Total
|
Positivos
|
Porcentaxe
|
Número
| |
Homes e mulleres
| ||||
0 a 18 anos
|
6.525
|
28
|
0,56
|
2.196
|
19 a 64 anos
|
26.422
|
216
|
1,09
|
17.194
|
65 anos e máis
|
11.885
|
141
|
1,64
|
10.959
|
Todos
|
44.832
|
385
|
1,15
|
30.349
|
Homes
| ||||
0 a 18 anos
|
3.365
|
13
|
0,52
|
1.035
|
19 a 64 anos
|
12.684
|
86
|
0,93
|
7.250
|
65 anos e máis
|
5.134
|
62
|
1,68
|
4.811
|
Todos
|
21.183
|
161
|
1,03
|
13.096
|
Mulleres
| ||||
0 a 18 anos
|
3.160
|
15
|
0,61
|
1.161
|
19 a 64 anos
|
13.738
|
130
|
1,25
|
9.945
|
65 anos e máis
|
6.751
|
79
|
1,60
|
6.148
|
Todos
|
23.649
|
224
|
1,26
|
17.254
|
Outra
das conclusións do estudo é que a prevalencia de inmunes nas persoas
que tiveron síntomas da enfermidade multiplica por catro á das persoas
que non os tiveron (2,73% vs. 0,70%).
Con este estudo, a
Consellería de Sanidade busca un triplo obxectivo: estimar a prevalencia
da inmunidade fronte ao COVID-19 nas diferentes localidades galegas,
definir cal é a súa repercusión de acordo ás variables de sexo e idade,
e, finalmente, monitorizar a evolución da epidemia durante o período de
tempo en que se produza a recollida da información.
O estudo
epidemiolóxico, unha vez finalizado, permitirá ter unha visión máis
nítida e ampla do COVID-19 en Galicia, e incide en que esta
investigación repercutirá dun xeito beneficioso en toda a poboación,
particípese ou non na toma de datos. Os resultados do proxecto
posibilitarán acadar un coñecemento profundo da epidemia do COVID-19,
permitindo adoptar as medidas máis axeitadas; coñecer a súa incidencia
de acordo as variables de sexo, idade, área territorial e, sobre todo,
poder anticiparse perante a posibilidade de novos contaxios potenciais.
Ningún comentario:
Publicar un comentario