A Xunta de Galicia pon a disposición da cidadanía unha ferramenta dixital para poder medir os desprazamentos autorizados
O visor está dispoñible na web de información xeográfica de Galicia, dependente do Instituto de Estudos do Territorio e co apoio e colaboración da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia
Capturas de imaxes da páxina web de información
xeográfica de Galicia
Fonte: X.G.
Infogauda / Galicia
A Xunta de Galicia pon a disposición da cidadanía unha ferramenta
dixital que permite medir e comprobar a lonxitude dos novos
desprazamentos autorizados polo Goberno nos últimos días. Deste xeito, a
través do visor básico dispoñible na páxina web de información
xeográfica de Galicia, o Instituto de Estudos do Territorio (IET), en
colaboración coa Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia,
ofrecen aos cidadáns a posibilidade de calcular con precisión o radio no
que poden desprazarse e planificar así as súas saídas.
A
Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, da que depende o
IET, considera que esta ferramenta en liña pode resultar útil logo da
publicación da Orde do 25 de abril que regula os desprazamentos da
poboación infantil durante a crise sanitaria do coronavirus e os
condiciona e limita a un radio dun quilómetro con respecto ao domicilio
do menor. Ademais, cómpre ter en conta que desde hoxe o Goberno autoriza
tamén as saídas para practicar deporte de forma individual ou dar
paseos en familia.
Os usuarios interesados en utilizar esta
ferramenta teñen dúas formas de calcular as distancias. A primeira
consiste en fixar directamente sobre o mapa cun punteiro a localización
do lugar de residencia e establecer a partir de aí o radio máximo de
desprazamento (pódese ver na primeira imaxe da nova).
A outra
opción é calcular directamente a través da pestaña Medidas un percorrido
concreto seguindo os propios viarios (pódese ver na segunda imaxe da
nova).
Ningún comentario:
Publicar un comentario