O PERSOAL DO CENTRO DE SAÚDE DA GUARDA DENUNCIA A SITUACIÓN DE PRECARIEDADE
Na
imaxe de arquivo, tomada en datas anteriores a decraración do estado de
alarma pola pandemia do Covid-19, vista parcial das persoas que
participaron nunha das moitas concentracións desenvolvidas diante do
Centro de Saúde de A Guarda en demanda de maiores medios humanos e
materiais
Foto: Cedida
Infogauda / A Guarda
Foto: Cedida
Infogauda / A Guarda
No día de hoxe recibimos na redacción deste xornal dixital transfronteirizo o seguinte comunicado*:
O persoal do Centro de Saúde da Guarda vén por medio deste escrito denunciar a situación de precariedade coa que se está enfrontando á hora de afrontar os cambios impostos pola necesaria reestruturación na forma de prestar os servizos de saúde por mor da pandemia do coronavirus.
O persoal do Centro de Saúde da Guarda vén por medio deste escrito denunciar a situación de precariedade coa que se está enfrontando á hora de afrontar os cambios impostos pola necesaria reestruturación na forma de prestar os servizos de saúde por mor da pandemia do coronavirus.
Este servizo vén, desde hai anos, advertindo á xerencia da área sanitaria de Vigo e á propia Consellería de Sanidade da escaseza de persoal provocada pola falta de substitución das ausencias de persoal sanitario producida por baixas laborais e licenzas de índole diversa.
A situación crónica no servizo é que se teña que cubrir un ou varias cotas de enfermería e principalmente de médicos entre os varios profesionais do centro, causando unha sobrecarga laboral e un inadecuado servizo á poboación que ve como a súa atención sanitaria é prestada en cada consulta por un profesional distinto o que conleva a un mal seguimento dos episodios sanitarios.
O servizo de urxencias debería dispoñer de dous equipos (médico e enfermería) por quenda, desta forma non se producirían os longos períodos de ausencia de sanitarios, cando o único equipo que presta servizo ten que ausentarse a realizar atención domiciliaria ou traslados ao hospital.
Actualmente hai profesionais de baixa laboral prolongada que só foron substituídos de forma parcial por curtos períodos de tempo. Tardes en que se contou cun só médico, por ausencia dos compañeiros de quenda.
Historicamente fai falta un profesional de enfermería para poder cumprir cunha cociente dun enfermeiro para cada médico, problema que se ve aumentado pola falta de emparellamento fixo de persoal médico e de enfermería o que carrexa a ausencia continua dun enfermeiro en quenda de tarde e que determinadas cotas teñan segundo o día o médico nunha quenda e enfermería en quenda cambiada, ocasionando trastorno aos pacientes que teñen que acudir en determinadas ocasións en dúas quendas distintas o mesmo día para unha determinada atención como pode ser a realización de probas como electrocardiogramas, tomas de mostras para anticoagulación ou espirometrías.
Ao estalar a pandemia o centro de saúde tivo que reestruturarse para adaptarse á nova situación que obrigaba a separar a atención dos posibles casos de Covid-19 dos outros motivos de consulta de maneira que se evitase o contaxio tanto ao persoal sanitario como ao resto de usuarios.
Algunhas das medidas non foron ben entendidas polos usuarios, pero supuxeron un gran esforzo por parte do persoal que tivo que repartir tarefas, como o triaxe dos pacientes á entrada do centro para evitar a circulación de persoas que puidesen funcionar como posibles contagios, a atención telefónica das consultas, de modo a que a poboación non quedase desatendida e a atención urxente.
Agora que aos poucos vaise retomando a actividade normal, son necesarios ademais da cobertura de todas as ausencias, reforzos de persoal para dar a asistencia necesaria a toda a atención á patoloxía crónica, que por culpa da pandemia quedou paralizada, ademais do aumento de asistencia en identificación e seguimento de casos sospeitosos de enfermidade Covid-19. Temos que seguir controlando o acceso ao centro de forma graduada para evitar que se supere o aforo e provoque aglomeracións en salas de espera que podería ser causa de contaxios.
Nese escenario vémonos coa situación de que non se mandan reforzos tanto de enfermería como de persoal administrativo, non se substitúen ausencias, a dirección obriga ao persoal para gozar das vacacións ordinarias entre os meses de xuño e setembro e ademais teremos que facer fronte ao verán coa chegada de desprazados como todos os anos, o que aumenta a demanda de asistencia. Desde a xerencia propoñen a comarcalización de pediatría facendo que a pediatra de Oia-O Rosal pase a consultar no centro de saúde da Guarda, co que pasa a ser un médico máis sen enfermeira asociada, empeorando aínda máis a falta de persoal. É imposible a prestación de toda a atención coa escaseza de persoal que sufrimos.
A Guarda a 21 de maio de 2020
PERSOAL SANITARIO E ADMINISTRATIVO DO CENTRO SANITARIO DÁ GUARDA
* Nota da Redacción: Ainda que o texto orixinal fora redactado en castelán, desde Infogauda decidimos publicalo en galego, respectando na súa totalidade o contido do comunicado.
Ningún comentario:
Publicar un comentario