Concello A Guarda
ELECCIÓNS
Ó PARLAMENTO DE GALICIA 12 DE XULLO DE 2020
EXPOSICIÓN DAS LISTAS
ELECTORAIS
Entre os días 25 de maio e 1 de xuño, ambos inclusive,
poderán consultarse na oficina do padrón municipal as listas do Censo Electoral
que se utilizaran nas Eleccións ó Parlamento de Galicia do vindeiro 12 de xullo.
O horario de consulta será entre as 9.00 horas e as 14.00
horas, de luns a venres, consulta que deberá facerse de xeito individual,
previa identificación da persoa (mediante D.N.I., pasaporte ou permiso de
conducir).
É
conveniente que aquelas persoas que houberan cambiado de domicilio, ou que cumpriran 18 anos
recentemente comproben a súa correcta inscrición no censo.
O Alcalde,
Antonio Lomba Baz
DOCUMENTO ASINADO DIXITALMENTE
(R.)
Ningún comentario:
Publicar un comentario