O Concello vai conmemorar as Letras Galegas
Cun “Tendal de Poemas” creado pola veciñanza
Infogauda / A Guarda
Nestes tempos nos que vivimos non vale o convencional. O que sempre víñamos facendo. As circunstancias indícannos que para ir superando esta situación que directamente nos afecta a todos, en maior ou menor medida, e para evitar consecuencias non desexables, toca reinventarnos e botar mán da creatividade. Dese xeito, cando estamos en vésperas da conmemoración das Letras Galegas, a Concellería de Cultura do Concello de A Guarda, propón unha iniciativa coa que pretende que toda a veciñanza comparta e divulgue versos e poemas escritos na nosa lingua e así celebrar as nosas letras, dun xeito distinto.
A proposta “Tendal de Poemas” empraza ós veciños da Guarda, especialmente ás familias con nenos, a que escollan un poema en lingua galega e o escriban sobre un lenzo de tea, acompañando dunha bonita decoración ó gusto. O material a utilizar pode ser unha prenda de roupa vella (camiseta) ou anaco de tea (saba, mantel,...) ó que lle demos forma de prenda de roupa. Tamén se poden conseguir siluetas xa listas para decorar nas librerías da vila: Cervantes, Ler ou Ideas.
Os traballos poderán ser colocados polos participantes no tendal que se disporá na contorna do Auditorio de San Bieito a partir do xoves 14 de maio, ou se pode contactar coa Concellería de Cultura a través do enderezo electrónico cultura@aguarda.es e o colocaría o persoal municipal. Os traballos permanecerán ata final de mes, se a climatoloxía o permite.
As persoas interesadas poden ampliar a información, consultar as Bases, ou contactar mediante correo electrónico dirxíndose a cultura@aguarda.es ou chamando ao teléfono 986 610 000 extensión 5, para calquera dúbida.
LETRAS GALEGAS, 2020
BASES
POEMAS NO TENDAL: “LETRAS GALEGAS 2020”
DESCRICIÓN DA PROPOSTA
Emprázase ós veciños da Guarda, especialmente ás familias con nenos, a que escollan un poema en lingua galega e o escriban sobre un anaco de tela, acompañando dunha decoración ó gusto
Os traballos serán colocados polas propias familias no tendal ou tendais que se dispoñan na contorna do Auditorio de San Bieito, por ser este o escenario habitual de celebración das Letras Galegas na nosa localidade. Ou se se prefire pode contactarse con cultura@aguarda.es e sería colocado por persoal municipal
MATERIAL A UTILIZAR:
A idea é utilizar tea vella que teñamos por casa, pode ser unha camiseta, un anaco de saba vella, ou un mantel roto. Preferentemente apostarase pola cor branca ou cores lisos e claros, que permitan apreciar ben o texto do poema e a decoración que acompaña.
Se utilizamos un anaco de tea, podemos darlle forma de silueta de roupa, para que o tendal quede variado e vistoso.
Os traballos non deberían superar os 50 cm. de ancho, para dar cabida ás diferentes propostas.
ACHÉGATE ÁS LIBRERÍAS
Para quen non queira “sacrificar” a propia roupa o concello facilitará siluetas feitas en lona blanca, que estarán dispoñibles nas librerías da vila (Cervantes, Ler, Ideas).
Recorda ademais que estamos no mes das Letras Galegas, podes aproveitar para agasallar a un ser querido con literatura en galego, pregunta ó teu libreiro!
PRAZOS E COLOCACIÓN DOS TRABALLOS E PRAZOS
Os taballos poden colocarse a partir do xoves 14.
Emprázase a que as familias se acheguen ó tendal no horario do paseo e coloquen os seus traballos, que permanecerán alí se a climatoloxía o permite ata final de mes.
Persoal do concello controlará unha vez ao día que os traballos queden ben suxeitos, e poderá recolocar e grampar os traballos para maior firmeza.
No tendal haberá pinzas para colocar os traballos, pero tamén podes levalas de casa.
RECOMENDACIÓNS
A idea é que pouco a pouco os tendais se vaian enchendo de traballos. Se cando vos acheguedes ó tendal xa hai outras familias, agardade a vosa quenda mantendo a distancia de seguridade, ou volvede mais tarde.
Se tes calquera dúbida ou problema para colocar o teu traballo podes contactar con nós en cultura@aguarda.es ou no 986 610 000 ext. 5.

Ningún comentario:
Publicar un comentario