20 de abr. de 2020

TOMIÑO

O Concello de Tomiño aproba novas axudas de emerxencia por alimentos  

A Agrupación de Protección Civil continúa colaborando no reparto de alimentos de SOS Tomiño e na entrega de compras varias, en colaboración coa Concellería de Benestar Social  

Un dos voluntarios da Agrupación de Protección Civil de Tomiño facendo entrega dun caderno de actividades de estimulación cognitiva
Fotos: C.T.
 

Infogauda / Tomiño

 O goberno local de Tomiño, aprobou a semana pasada tres novas axudas de emerxencia por alimentos para 3 familias (9 usuarios/as, 360 euros) e tamén prórroga para outras 4 familias (21 usuarios/as 700 euros).
  
Voluntarios/as da Agrupación de Protección Civil de Tomiño, continúan a axudar no reparto de alimentos de SOS Tomiño-Baixo Miño e na entrega de compras


 Por outra banda, voluntarios/as da Agrupación de Protección Civil de Tomiño, continúan a axudar no reparto de alimentos de SOS Tomiño-Baixo Miño e na entrega de compras varias, en colaboración coa Concellería de Benestar Social, que dirixe Cristina Martínez; tarefas polas que a concelleira manifesta o seu agradecemento.  

 Ademais fan reparto dos cadernos de actividades de estimulación cognitiva elaborados pola Asociación de Párkinson Baixo Miño (22 domicilios).  

 Dende que comezou o Estado de Alarma, o departamento de Benestar aprobou axudas de emerxencia por alimentos para un total de 25 familias, 90 usuarios e usuarias, por un importe de 3.780 euros.

Ningún comentario:

Publicar un comentario