DEFENDAMOS O DEREITO A REUNIÓN E MANIFESTACIÓN
Loita Internacionalista / Catalunya
O pasado martes 21 de abril comunicamos ao Departament d’Interior da Generalitat de Catalunya a realización dunha concentración diante o Parlament no marco do debate e aprobación do Proxecto de Lei de Orzamentos 2.020 -e da correspondente Lei de Acompañamento - o vindeiro venres 24 de abril. Na mesma, aclarábase especificamente o cumprimento estrito das normas de seguridade e de saúde pública vixentes, así como a participación dun número limitado de persoas. Pero a solicitude foi denegada debido a unha suposta prohibición xeral do exercicio do dereito a reunión e manifestación, cuestión totalmente inxustificada e á marxe da lexislación vixente. Neste sentido, esta mañá [o mércores día 22 de abril], mediante o avogado Benet Salellas Villar, presentamos un recurso contencioso administrativo no Tribunal Superior de Xustiza de Catalunya ao que esperamos resposta nas próximas 48 horas.
Atopámonos nun contexto xeral de crise sanitaria e económica sen precedentes. É o resultado de anos de políticas de recortes e privatización que desmantelaron o sistema sanitario público, que pecharon miles de camas de hospitais e despediron miles de profesionais. E tamén o dunha xestión - co Goberno PSOE-Unidas Podemos á cabeza- que priorizou permanentemente os intereses patronais por encima da vida das persoas. Nesta situación, o Goberno de Catalunya (JxCat-ERC), pretende aprobar co apoio de En Común Podem o seu proxecto de Orzamentos 2.020 este venres. Se xa eran vergoñosos antes, o son aínda máis no marco da actual pandemia, tal como explicamos na nosa última declaración.
Por iso, desde Loita Internacionalista propuxemos a diversos colectivos e organizacións que defendemos os servizos públicos e os dereitos sociais realizar unha convocatoria simbólica de denuncia diante do Parlamento durante a tramitación destes orzamentos, limitando o número de representados por organización e cumprindo coas medidas sanitarias. Entendemos a negativa por parte do Departament de Interior e o Goberno da Generalitat como unha vulneración flagrante de dereitos fundamentais. A declaración do estado de alarma non suspende nin pode suspender o dereito a reunión. Pero, mentres se obriga aos e as traballadoras para saír á rúa e volver masivamente ao seu traballo sen cumprir coas medidas de protección necesarias, prohíbese unha concentración de poucas persoas -cumprindo coa distancia social e as normas vixentes- en defensa da sanidade e os servizos públicos e en denuncia duns orzamentos que non farán máis que agravar a situación actual.
Esta negativa súmase aos centos de miles de sancionados durante o estado de alarma, miles de detidos e decenas de denuncias de carácter discriminatorio e, en moitos casos, racista por parte dos corpos policiais. Non podemos permitir que se vulneren os nosos dereitos fundamentais. Hai que defendelos e máis aínda neste contexto de crise. Esiximos ao Departament de Interior e ao Goberno unha rectificación. E chamamos a sindicatos, organizacións e colectivos a apoiar esta reivindicación e defender de forma unitaria o dereito a manifestación, base fundamental e imprescindible para que esta crise non a paguemos as traballadoras.
(R.)
Ningún comentario:
Publicar un comentario