24 de abr. de 2020

A GUARDA

O alumnado do Conservatorio Elemental de Música da Guarda continúa coa súa formación de xeito telemático 

Mosaico de imaxes do profesorado do Conservatorio Elemental de Música da Guarda
Foto: C.A.G.

Infogauda / A Guarda

 o executivo municipal do concello guardés vén de facer público que dende o pasado 13 de marzo e despois de manterse unha reunión entre o equipo do profesorado do Conservatorio Elemental de Música da Guarda e a concelleira delegada María Elena Baz Rodríguez, acordouse a suspensión das clases presenciais, manténdose as mesmas en activo de xeito telemático a través de videochamadas nas cales o profesorado está a impartir clases continuando cos mesmos horarios antes da activación do estado de alarma.  

 Deste xeito se trata de acadar certa normalidade con respecto á formación musical dos alumnos e alumnas do Conservatorio Elemental de Música da Guarda, cun contacto directo cos seus profesores, compañeiros e compañeiras de clase e, como non podía ser doutro xeito, cos instrumentos.  

 Tal e como se manifestou dende a dirección do Conservatorio, esta experiencia está a dar moi bos resultados, cunha valoración moi positiva, tanto por parte dos alumnos coma por parte do equipo do profesorado.

Ningún comentario:

Publicar un comentario