15 de abr. de 2020

O ROSAL

O Concello desinfecta con ozono vehículos municipais e de persoal sanitario  

Grazas á colaboración desinteresada da empresa Neverafter   

A alcaldesa do Concello do Rosal - á dereita das imaxes - supervisou na Praza do Calvario, a desinfección dos vehículos municipais e de persoal sanitario encargado das atencións domiciliarias  
Fotos: C.O.R.

Infogauda / O Rosal

 A loita contra o COVID-19 continúa. A todas as medidas preventivas adoptadas nas últimas semanas o Concello do Rosal acaba de engadir a desinfección de vehículos municipais e de persoal sanitario encargado das atencións domiciliarias con ozono, un dos desinfectantes máis potentes e eficaces, que se fixo este mércores na Praza do Calvario. Esta desinfección realizouse grazas á colaboración desinteresada da empresa Neverafter, que achegou os materiais e os operarios necesarios para levar a cabo todo o proceso. 

 Durante a mañá desinfectáronse ademais dos coches da Policía Local e de Protección Civil, o camión do lixo, tres vehículos de obras e os coches do persoal sanitario encargado de realizar as atencións domiciliarias durante esta crise sanitaria. 

 Dende o Concello quérese agradecer iniciativas tan solidarias e importantes como a da empresa Neverafter, que nos axudan a loitar día a día para controlar a pandemia do COVID-19”, dixo á alcaldesa Ánxela Fernández.

Ningún comentario:

Publicar un comentario