16 de abr. de 2020

ÁREA SOLIDARIA

Esperando noticias de Nasrin

Nasrin
Foto: A.I.


 Esteban  Beltrán*

 Hai uns días escribin para contar que Nasrin empezara unha folga de fame en prisión.   

 Fíxoo pouco despois de que se fixese pública a noticia de que Irán ía liberar a un número elevado de persoas presas, fálase dunhas 80.000, para evitar  contagios de  COVID-19 nos cárceres. Pero mantén encarceradas a activistas e defensores e defensoras de dereitos humanos.   

 As autoridades iranianas están a poñernos moi difícil saber o que está a pasar nos cárceres do país. O que si sabemos é que nas últimas semanas ao redor de 36 persoas recluídas xa morreron durante a represión das protestas de presos e presas que reclamaban máis seguridade e protección fronte ao virus. E non podemos permitir que haxa máis.  

 Tampouco sei se Nasrin continúa coa folga de fame nin se está ben. É unha das barreiras das autoridades iranianas que nos urxe romper. Por iso, só quería que se soubese que imos seguir traballando para poder sortear estes impedimentos, porque queremos que Nasrin sexa liberada e tamén o resto de defensoras, defensores e presos e presas de conciencia.  

 Moitas grazas por apoiar a Nasrin.   

*Director de Amnistía Internacional – Sección Española

Ningún comentario:

Publicar un comentario