A XUNTA DE GALICIA LEVA ENTREGADAS 24.770 UNIDADES DE PROTECCIÓN CONTRA O COVID-19 AOS CONCELLOS DO BAIXO MIÑO
· O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, destacou que o Goberno autonómico enviou xa a estes municipios máis de 19.000 luvas, 12.780 máscaras, asi como traxes de protección e produtos de desinfección
· En total, a Xunta desde que se decretou o estado de alarma leva repartido entre os concellos da provincia máis de 419.324 unidades de protección para loitar contra a pandemia
Vista parcial do material na plataforma loxística para súa posterior entrega aos concellos
Foto: X.G.
Foto: X.G.
Infogauda / O Baixo Miño
A Xunta de Galicia, a través da Delegación Territorial de Pontevedra, leva entregadas aos concellos da comarca do Baixo Miño 24.770 unidades de protección individual nos distintos envíos que se veñen de efectuar dende a plataforma loxística dende o inicio do decreto do estado de alarma.
En total, a Xunta desde que se decretou o estado de alarma leva repartido entre os concellos da provincia máis de 419.324 unidades de protección para loitar contra a pandemia.
Segundo informou hoxe o delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, o último envío a estes municipios, realizado esta mesma semana, permitiu repartir 1.270 luvas e 1.150 mascarillas.
En total, os datos globales supoñen nesta comarca a recepción de 14.350 luvas, 19.680 máscaras, 510 batas e traxes de protección e 204 produtos de desinfección, entre outros elementos. Por concellos, os envíos totales de unidades de protección son os seguintes:
CONCELLOS
|
LUVAS
|
MÁSCARAS
|
TOTAL (DE
UNIDADES DE PROTECCION E DESINFECCIÓN)
|
OIA
|
2.090
|
1.500
|
3.677
|
O ROSAL
|
3.140
|
2.010
|
5.269
|
TOMIÑO
|
2.940
|
2.010
|
5.133
|
TUI
|
2.840
|
2.050
|
5.067
|
A GUARDA
|
3.340
|
2.110
|
5.624
|
TOTAL
|
14.350
|
9.680
|
24.770
|
Todo o material distribúese desde a plataforma loxística que a Xunta puxo en marcha para centralizar a adquisición e o reparto de equipos de protección individual durante o estado de alarma e a emerxencia sanitaria polo coronavirus.
José Manuel Cores Tourís destacou o esforzo que se está a realizar dende o Goberno galego para dotar do equipamento necesario ás entidades locais para que o persoal dos servizos municipais involucrados na loita contra a expansión do Covid-19 e que seguen a traballar conten co material de protección que precisan. Así lembrou que a Administración autonómica adquiriu directamente material de protección para garantir a seguridade dos profesionais que traballan en servizos municipais esenciais como Protección Civil ou Axuda a Domicilio.
Ningún comentario:
Publicar un comentario