Cancelación Premio Victoriano Taibo 2020
Dirección do IEM / Gondomar
O concello de Gondomar e o Instituto de Estudos Miñoráns, entidades que anualmente convocan o Premio de Poesía Victoriano Taibo, ante a situación que estamos pasando polo confinamento e a imposibilidade de celebrar actos públicos, decidiron suspender a convocatoria do premio de poesía deste ano.
Lamentando moito as circunstancias que obrigan a tomar esta decisión, consideran que sería moi difícil poder facer a convocatoria sen ter a seguridade de que se poidan levar a cabo tódalas fases da convocatoria, que sempre culmina co acto público de entrega do premio e a presentación pública da obra premiada e a homenaxe a Victoriano Taibo, coa presenza dos seus familiares.
O IEM ante estes feitos está preparando outro tipo de acto que lembre ó homenaxeado e manteña viva a súa memoria, agardando que chegado o día a situación social sexa mellor e se poida facer vía dixital unha lembranza cos autores premiados nas XII edicións anteriores.
Os desexos do IEM son de que a nosa veciñanza se recupere deste andazo, que poida gozar da poesía nas súas vidas e recordar ás nosas xentes que xa sufriron no pasado etapas dolorosas e souberon saír adiante, como Victoriano Taibo e os seus veciños de Morgadáns.
O IEM seguirá a pedir un día das Letras Galegas para Victoriano Taibo, e continuar organizando o premio de poesía que leva o seu nome no ano que ven.
Ningún comentario:
Publicar un comentario