O blog 'A escola infantil na casa' posto en marcha pola Xunta de Galicia rexistra máis de 33.000 visualizacións na súa primeira semana de funcionamento
Esta ferramenta permite que as nenas e nenos de 0 a 3 anos teñan material educativo que dea continuidade ás dinámicas das escolas infantís
A estas actividades didácticas teñen
acceso todas as nenas e nenos de Galicia
Foto: X.G.
Máis de 1.500 profesionais das 172 escolas infantís da Rede Autonómica están a xerar novos contidos
A iniciativa foi eloxiada por Unicef Galicia o mesmo día do seu lanzamento
Infogauda / Galicia
O blog A escola infantil na casa posto
en marcha pola Xunta rexistrou máis de 33.000 visualizacións na súa
primeira semana de funcionamento nos 90 vídeos publicados con
actividades para as nenas e nenos de 0 a 3 anos.
Os máis de 1.500
profesionais das 172 escolas infantís da Rede Autonómica están a
desenvolver un traballo importante para xerar material educativo que
permita ás familias acompañar aos máis pequenos en xogos educativos que
dean continuidade ás dinámicas que se levan a cabo dentro das escolas
infantís.
Dada a boa acollida do blog, que foi moi eloxiado por
Unicef Galicia o mesmo día do seu lanzamento, todos os profesionais
seguen traballando na elaboración de novos materiais que segan aportando
novidades en canto aos contidos e permita manter ese fío condutor entre
as escolas e as familias.
A estas actividades didácticas teñen
acceso todas as nenas e nenos de Galicia, non só aqueles matriculados
nalgunha das escolas infantís autonómicas no enderezo electrónico: https://www.escolasinfantisdegalicia.es/aescolainfantilnacasa/.
Ningún comentario:
Publicar un comentario