29 de abr. de 2020

A GUARDA

A unidade móbil de doazóns de sangue visitará próximamente á vila

·Estará instalada diante do Centro Cultural o venres e o sábado, días 8 e 9 de maio



Infogauda / A Guarda 

 A unidade móbil do Centro de Transfusión de Galicia estará instalada na Guarda o venres día 8 e o sábado día 9 de maio.  

 Este autobús estará emprazado na rúa Rosalía de Castro, a carón do Centro Cultural, o venres día 8, de 10:00 ás 14:00 e de 16:00 ás 21:00 horas e o sábado día 9 de 10:00 ás 15:00 horas. 

 Grazas ao emprego destas unidades móbiles o Centro de Transfusión de Galicia, intenta facilitar a todos os cidadáns, o solidario xesto de doar sangue. Sen a implicación de todos é imposible acadar as 500 doazóns de sangue que se precisan cada día nos hospitais galegos. 

 Todas as persoas que desexan doar sangue deberán chamar ao teléfono gratuíto 900 100 828. O sistema de cita previa reforza os protocolos de seguridade nas unidades móbiles e locais de doazón, e tenta garantir unha afluencia axeitada e ordeada, para cubrir as necesidades de sangue dos hospitais galegos.

Ningún comentario:

Publicar un comentario