· Para darlle á benvida o mes de maio
A COMUNIDADE DE MONTES VECIÑAIS EN MAN COMÚN DA PARROQUIA DE A GUARDA VAI FACILITAR RAMOS DE XESTA Á VECIÑANZA
Persoal da Comunidade de Montes Veciñais en Man Común da parroquia de A Guarda, recollendo ramas de xestas
Fotos: C.MM.VV.M.C. A Guarda
Fotos: C.MM.VV.M.C. A Guarda
Celso Rodríguez Fariñas* / A Guarda
Tras distintas conversas mantidas polo presidente e membros da xunta reitora, tomouse o seguinte acordo:
Imos celebrar o arranque de maio - “marzo ventoso e abril chuvioso, sacan un maio florido e fermoso” - non só con respecto a natureza, senón pola situación que estamos a vivir, esperamos que maio, sexa o arranque da gradual normalización das nosas vidas, e que as froles convirtan as paisaxes en verdadeiros espectáculos naturais multicolores que nos axudan a esquecer moitos dos desgustos que estamos vivindo, e que o cheiro a terra e a fragrancia, nos leven a transformala situación.
Dende sempre, no noso país, é unha data donde este arranque primaveral, conlevaba que as portas, balcóns e nas xanelas, amañeceran con atados de maios para conmemorar o inicio do “Mes das Froles” as distintas interpretacións que cada un facía nesta data.
Dado o confinamento que estamos a sufrir, a maioría das persoas que seguían a tradición, teñen difícil o acceso o monte, pero ademáis para darlle un aspecto alegre a celebración, dende a COMUNIDADE DE MONTES VECIÑAIS EN MAN COMÚN DA PARROQUIA DE A GUARDA, acordamos, que o persoal do noso equipo de traballo, adicase o día 29 de abril a cortar e preparar un bo lote de atados de ramaxe de “maio”, que o día 30, en caixas e capachos, poñeremos na porta daqueles locais comerciais que están abertos e os propietarios o acepten, como quioscos, librerías, panaderías, fruterías, supermercados, estancos, etc., para que quen queira seguir a tradición póidao facer con facilidade, e así ter un momento de lecer e alegrar visualmente o colectivo da nosa parroquia.
Esperamos que con esta iniciativa, a Parroquia de A Guarda, amañeza o 1º de Maio, cunha gran nube verde e amarela, que anime a encarar a vida con outra faciana, na que o sonrriso sexa unha sinal de identidade que axude e esquecer este mal sono do que estamos saindo e que entre todxs imos superar.
* Secretario da xunta reitora da Comunidade de Montes Veciñais en Man Común da parroquia de A Guarda
* Secretario da xunta reitora da Comunidade de Montes Veciñais en Man Común da parroquia de A Guarda
Ningún comentario:
Publicar un comentario