30 de mar. de 2020

TOMIÑO

Tomiño desinfecta as zonas rurais ademais dos núcleos urbanos 

Nas tarefas de limpeza participan tanto a empresa concesionaria, coma operarios municipais e varias empresas voluntarias

Dous operarios desenvolvendo labores de desinfección  
Foto: C.T.


Infogauda / Tomiño

 O Concello de Tomiño avanza na desinfección das zonas rurais, co apoio de Urbaser, operarios municipais e tamén de empresas que apoian cos seus medios de forma voluntaria.  Deste xeito, a Concellería de Medio Ambiente, que dirixe Ana Belén Casaleiro, xa ten desinfectado os contenedores de tódalas Parroquias (exceptuando algunha zona de San Salvador e aforas de Tomiño). 

 A empresa concesionaria, ademáis de desinfectar nos centros de Seixo e Goián, ocupouse de desinfecctar contenedores en Santa María de Tebra, San Salvador, Vilameán, Pinzás, Cristelos e Barrantes.  

 Tamén a zona de Vilachán de Tomiño e lugares de moita afluencia de persoas (tendas, estancos,etc.).  

 Hoxe seguiron desinfectando co camión grande (12.000l) polos núcleos urbanos, centro médico e as parroquias de Sobrada e Piñeiro.  

 Por outra banda, “o que fixo posible chegar á práctica totalidade do municipio nesta [pasada] semana” resalta a concelleira, foi a realízación de forma simultánea de tarefas de desinfección por parte de empresas voluntarias, que puxeron á disposición tractor con depósito e conductor, coma os que seguen:  

 Manolo, de Pastelería Flor y Nata, que o pasado xoves foi, acompañado por persoal do concello, pola zona da Salgosa. Dende o colexio Pedro Caselles ata a capela de San Omedio, e baixaron ata a Casa Social de Estás.  

 Alfonso Pazos Casal, desinfectou os contedores de Taborda.   

 Nair Rolán, de Veigas do Miño, S. L., mandou o xoves un operario, guiado por persoal do concello, por Carregal. O operario seguiu o venres por Amorín.  

 Quin Álvarez, emprendedor de Goián tivo o venres todo o día un operario, cun traballador do Concello, desinfectando as zonas das aforas de Goián. E tamén por Estás e Figueiró.

 José Cal, de Martín Codax: O venres, pola tarde, cun traballador do Concello, encargouse da zona de Forcadela.

 Hai máis voluntarios dispostos a axudar: José Torres, de Altos de Torona, e socios de ACUBAM. A concelleira de Medio Ambiente porase en contacto con eles, para algunha zona que queda sen cubrir ou se fai falta unha segunda pasada.  

 A alcaldesa de Tomiño, Sandra González Álvarez, fai público o seu agradecemento a todas as persoas e empresas que prestan os seus servizos para esta importante labor, amosando responsabilidade e solidariedade con toda a cidadanía, e anima á veciñanza a actuar de igual forma, quedándose na casa e cooperando todo o posible para minimizar o risco de contaxio.

Ningún comentario:

Publicar un comentario