A Xunta de Galicia publica dúas guías para facilitar o teletraballo a pemes e autónomos e cidadáns
Están xa accesibles nas webs do CDTIC e Faite Dixital con información e recomendacións para traballar desde a casa
Ademais, nestes mesmos portais poderán realizarse consultas en liña e publicaranse post diarios con consellos sobre ferramentas, solucións dispoñibles e consellos para un uso seguro da Rede
Infogauda / Galicia
A Axencia para a Modernización
Tecnolóxica de Galicia (Amtega) publica hoxe dúas guías para facilitar o
teletraballo a empresas e autónomos e a cidadáns. Os documentos están
dispoñibles xa nas webs do CDITC e Faite Dixital, e nelas poderán atopar información sobre ferramentas, necesidades e tecnoloxías que posibilitan o traballo en remoto.
A
información das guías complementarase con post diarios que se
publicarán tamén nestes portais, nos que empresas e cidadáns poderán
realizar consultas en liña.
Guía para empresas
Pemes e
autónomos poderán atopar na guía información sobre solucións e
ferramentas dispoñibles para o almacenamento compartido na nube, a
xestión de tarefas entre integrantes de equipos, a xestión de proxectos,
suites ofimáticas ou transferencia de arquivos, ademais de consellos e
orientación en materia de ciberseguridade.
O contido da guía
complementarase con publicacións diarias para empresas e autónomos na
web cdtic.xunta.gal e tamén cun espazo de consulta en colaboración co
Clúster TIC. Pemes e autónomos poderán trasladar as súas dúbidas a
través do correo teletraballo-peme@xunta.gal, que serán respostadas por
profesionais do sector TIC.
A información resultante destas
consultas estará a disposición de todas as empresas a través dunha
sección de preguntas frecuentes na web do CDTIC.
Guías para cidadáns
Para
os cidadáns a guía, cun enfoque sinxelo e divulgativo, afonda nun uso
seguro da Rede e ofrece pautas e consellos para un uso que minimice os
riscos do teletraballo dende os fogares.
Ao igual que para as pemes e autónomos, estes contidos terán continuidade a través da publicación diaria de novos artigos nesta web, onde tamén poderán realizar consultas en liña, a través do buzón cemit@xunta.gal.
Pílulas sobre solucións de Software libre
Como
complemento a todo o anterior tamén estanse a publicar nas webs do
CDTIC, Faite Dixital, Mancomún e no Youtube da Amtega pílulas
informativas sobre ferramentas de software libre para o teletraballo.
Ningún comentario:
Publicar un comentario