TOMIÑO Rúa Colón, s/n 36740, 655 607 935 | TUI Porta Traseira nº 12 1º, Área Panorámica 36700, 629 258 069 O ROSAL Casa de Oficios da Mata (Cumieira de Arriba) 36770, 654 147 310 | OIA Rúa Vista Alegre s/n 36794, 654 147 310 sostomino@hotmail.es
COMUNICADO PARA AS FAMILIAS BENEFICIARIAS
Como consecuencia do estado de alarma decretado polo Goberno, a Asociación Asistencial SOS Tomiño Baixo Miño adoptará medidas especiais co fin de protexer ao máximo tanto aos nosos beneficiarios como aos nosos voluntarios.
Durante o tempo que se manteña esta situación, as reparticións realizaranse con total normalidade, tomando as seguintes precaucións:
• Respectaranse as horas xa establecidas para cada familia para evitar aglomeración na entrada e saída dos locais de entrega.
• Acudirá unha persoa por familia.
• A persoa encargada da recollida deberá ter a man o documento que o identifica como beneficiario e o seu DNI, tal como viña pedindo ata o de agora.
• Respectarase a quenda de cada familia evitando entrar antes de ser chamado para garantir o menor número de persoas dentro do espazo pechado.
• Evitarase o contacto físico con outras persoas, e na medida do posible, deberase manter a distancia mínima de seguridade recomendada polas autoridades competentes, é dicir, polo menos un metro.
• Deberá absterse de acudir á recollida as persoas que presenten algún síntoma compatible co Covid-19. As pautas arriba expostas son de obrigado cumprimento. Co fin de protexer ao máximo a todas as persoas que acoden ás nosas reparticións, adoptáronse unha serie de medidas adicionais:
• Os voluntarios contarán con elementos de protección individuais como máscaras e luvas.
• Reforzarase a limpeza e desinfección entre cada entrega.
• Contaremos co apoio de Protección Civil para garantir o correcto transcurso da entrega. Só xuntos podemos afrontar esta situación coa maior garantía sanitaria.
(R.)
Ningún comentario:
Publicar un comentario