Unha vez máis o Colectivo de Emigrantes Retornados do Baixo Miño voltamos a concentrarnos en Tui
Colectivo de Emigrantes Retornados do Baixo Miño
O colectivo non cesa tras 7 anos de loita mentres non teñan a súa merecida solución. Despois do acordo de investidura do BNG e PSOE e tras a promesa do goberno de poñer fin a "estafa" que estamos a sufrir por parte de Facenda, e mentres isto non se solucione, seguiremos en loita para facer valer os nosos xustos dereitos.
Por esta razón o vindeiro xoves 5 de Marzo concentrarémonos unha vez máis na Praza da Inmaculada en Tui, ás 11:00h da mañá.
Ningún comentario:
Publicar un comentario