A Xunta de Galicia prepara un paquete de medidas para paliar os efectos do coronavirus na cultura preservando a actividade e o emprego
O conselleiro Román Rodríguez reuníuse co Consello da Cultura, a Real Academia Galega e a Real Academia de Belas Artes, ao tempo que se mantén contacto directo desde o inicio da crise sanitaria con 13 asociacións e colectivos do sector
A Consellería de Cultura e Turismo reestruturará os seus créditos orzamentarios para acometer as accións precisas cara ao mantemento das programacións, a continuidade dos proxectos das industrias creativas e o estímulo do consumo
Reorientarase o deseño do Xacobeo 2021 como ferramenta de recuperación económica e produtiva
O
conselleiro de Cultura e Turismo, Román Rodríguez nunha sesión de traballo con Valentín García, secretario Política Lingüística, da Xunta de Galicia
Foto: X.G.
Foto: X.G.
Infogauda / Galicia
A Xunta de Galicia está a preparar un
amplo paquete de medidas específicas dirixidas a paliar os efectos da
crise sanitaria provocada polo coronavirus Covid-19 no sector cultural
galego, coa finalidade de preservar a actividade e o emprego das
industrias culturais, garantir o cumprimento das programacións previstas
e estimular o consumo cultural ao remate do actual estado de alarma.
O
conselleiro de Cultura e Turismo, Román Rodríguez, reuníuse co Consello
da Cultura, a Real Academia Galega e a Real Academia Galega de Belas
Artes Nosa Señora do Rosario, no marco dunha serie de xuntanzas e
contactos coas principais institucións e entidades profesionais do
sector cultural. O intercambio coas máis altas institucións culturais do
país foi positivo e plasmou a vontade de traballar conxuntamente pola
cultura e as idustrias creativas galegas.
Do mesmo xeito,
responsables dos distintos departamentos da Consellería están a manter
contaco directo desde o inicio da crise con representantes de 13
asociacións que agrupan produtoras audiovisuais, compañías escénicas,
empresas musicais, festivais de música e de audiovisual, editoriais,
músicos, actores e actrices, técnicos de eventos, xestores culturais,
salas privadas de espectáculos, etc.
Axilidade nos pagamentos
Nesta
dinámica, estanse a recabar todas as achegas para planificar a
reactivación e o impulso das industrias culturais e creativas na
Comunidade, ao tempo que se está a dar resposta axilizando xa todos os
pagamentos de actividades realizadas no que vai de ano. De feito, a
tramitación administrativa desenvólvese con normalidade a través do
sistema de teletraballo habilitado pola Xunta. Nestes momentos, estanse a
priorizar os pagamentos tanto de subvencións adxudicadas como de
facturas.
Ademais, a Xunta facilitará ao máximo as xestións
económicas e administrativas dos sectores culturais para axudar nas
cuestións vinculadas a prazos, documentacións requiridas ou na
posibilidade de reprogramar todas as actividades que tiveron que ser
suspendidas.
Reestruturación orzamentaria
A
Consellería de Cultura informou xa no Consello da Xunta da
reestruturación dos seus créditos orzamentarios co obxectivo acometer as
medidas precisas para axudar na reactivación deste sector produtivo. A
previsión orzamentaria alcanza os 25M€ para o conxunto do Departamento
autonómico e centrarase prioritariamente no mantemento do emprego.
En
concreto, trabállase no desenvolvemento de accións centradas no fomento
do consumo cultural: o estímulo, a través dun incremento na dotación,
das redes profesionais de distribución de espectáculos, e a creación ou
adaptación de liñas de axudas para fortalecer tanto a distribución
interior como a produción cultural galega.
Ademais, entre os
programas actualmemte en proceso de elaboración, reforzarase a
orientación do Xacobeo 2021 como ferramenta de recuperación económica e
produtiva do tecido propio.
Serán uns eixos que rematarán de
perfilarse ao remate do estado de alarma en función do xeito no que
evolucione a emerxencia sanitaria e para os que, tendo en conta a
estrutura do gasto público en cultura no conxunto de Galicia, se
proporán levar a cabo en colaboración coas entidades locais, xa que
estas contan tamén cunha significativa porcentaxe de investimento neste
eido.
Recoñecemento ao sector
A Xunta de Galicia é
plenamente consciente da especial situación pola que atravesa o sector
cultural galego, ao que lle recoñece, ademais, o seu esforzo, talento e
capacidade creativa, tal como se está poñendo estes días de manifesto
cos contidos verquidos nas distintas redes sociais e plataformas web de
xeito accesible a todo o público.
Neste sentido, tamén Cultura e
Turismo, a través de todos os seus departamentos e centros dependentes,
propón para o período que dure o confinamento unha programación con
abondosas actividades de lecer a través da campaña #aculturasegue.
Garantindo o acceso da cidadanía á cultura, e fomentando e incentivando
as prácticas e hábitos culturais, especialmente entre os máis novos. É
unha campaña aberta e positiva, á que a Xunta convida a sumarse ás
institucións, aos nosos creadores e a toda á cidadanía para compartir
todo tipo de iniciativas artísticas, creativas e divulgativas.
Ningún comentario:
Publicar un comentario