Galicia rexistra un total de 1.832 casos infectados por coronavirus
Un total de 47 persoas xa foron dadas de alta
A día de hoxe hai 1.247 pacientes en seguimento nos seus domicilios
O Sergas ten a disposición da cidadanía unha páxina web coronavirus.sergas.gal, na que se pode consultar información dirixida á poboación, aos profesionais sanitarios e a outros colectivos
Infogauda / Galicia
A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa
que, na última actualización, o número de casos de coronavirus en
Galicia ascende a 1.832, deles 438 son da área da Coruña, 128 da de
Lugo, 231 da de Ourense, 222 da de Pontevedra, 462 da área de Vigo, 302
da de Santiago, e 49 da de Ferrol.
Do total de pacientes
positivos, 86 permanecen en UCI, 499 están en unidades de
hospitalización e 1.247 no domicilio. Polo de agora, en Galicia
rexistráronse 47 altas de pacientes e 36 falecementos. Os últimos
falecementos corresponden a catro varóns: un deles de 63 anos que estaba
ingresado no Hospital Universitario de Ourense; ademais doutro home de
74 anos ingresado no Hospital de Montecelo; outro de 87 anos que estaba
ingresado no Hospital A Rosaleda en Santiago; e outro home, tamén de 87
anos que estaba ingresado en Ferrol. Os catro tiñan patoloxías previas.
O número de PCR realizadas é de 8.805.
A
Xunta continúa a traballar desde a máxima coordinación
interdepartamental e co Ministerio de Sanidade, tamén mantendo o
contacto con todos os axentes socioeconómicos de Galicia. Neste senso,
Sanidade reitera que segue alerta actualizando todas as medidas e
recomendacións e en vixilancia permanente.
Uso do 061 para casos graves e emerxencias, e o 900 400 116 para dúbidas
A Consellería de Sanidade reitera que a cidadanía empregue o número 061 só para emerxencias ou casos graves e aconsella utilizar o número gratuíto do 900 400 116 para consultar dúbidas ou síntomas leves de coronavirus.
Sinalar, ademais, que o Sergas ten a disposición da
cidadanía unha páxina web coronavirus.sergas.gal), na que se pode
consultar información dirixida á poboación, aos profesionais sanitarios e
a outros colectivos.
Así mesmo, o departamento sanitario galego
ten a disposición da poboación o teléfono 900 400 116, que vén de ser
reforzado con máis persoal, para dar información xeral sobre o
coronavirus. Neste número pódense resolver todas as dúbidas dos cidadáns
ao respecto e tamén consultar sintomatoloxía leve.
Recomendacións
Os
técnicos da Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade
volven reiterar as recomendacións consensuadas entre as comunidades
autónomas e o Ministerio de Sanidade, e lembran que, en liñas xerais,
aconséllase adoptar as medidas de autoprotección e limitación da
diseminación do virus común a calquera infección respiratoria, como a
gripe. Así, extremarase a hixiene de mans, lavándoas frecuentemente,
especialmente despois de tusir ou soarse, e cubrirase o nariz e a boca
cun pano -preferentemente desbotable- ao tusir ou esbirrar, ou se non se
dispón de pano, na cara interna do cóbado. Ademais, evitarase tocar os
ollos, o nariz e a boca coas mans.
Ningún comentario:
Publicar un comentario