O Camiño de Santiago e as súas oportunidades no desenvolvemento local
Centrarán unha charla-coloquio que se celebrará o venres día 13 de marzo ás 20:00 horas, na Casa dos Alonso
Enmarcada
nas actividades do proxecto “O Camiño Aguárdate”, coa que o concello de A Guarda
ven participando no programa O Teu Xacobeo, da Xunta de Galicia, o vindeiro venres día 13 de marzo ás 20:00 horas, na Casa dos Alonso, celebrarase unha charla-coloquio.
Na
devandita actividade, titulada “O Camiño como produto cultural e turístico:
oportunidades no desenvolvemento local”, participará
Xosé Manuel Santos Solla, catedrático da Universidade de Santiago de
Compostela, e algúns emprendedores vencellados ao Camiño Portugués: Albergue O
Peirao, Tuitrans e Rincón Peregrino.
Xosé M. Santos Solla,
catedrático de Xeografía Humana na Universidade de Santiago
O obxectivo desta xornada é debater sobre o Camiño de Santiago e as oportunidades que ofrece na economía e no desenrolo local súa evolución, así coma atraer á poboación local a que se interese e reflexione sobre a importancia que ten en moitos aspectos da vida diaria da vila. A tal fin a charla articúlase mediante as ponencias de Xosé M. Santos Solla, catedrático de Xeografía Humana na Universidade de Santiago e director do Centro de Estudos Turísticos (USC) entre 2005 e 2014, que ten traballado amplamente o impacto do turismo con especial preocupación polas cidades históricas, os itinerarios culturais e o desenvolvemento rural.
A visión global que nos brindará Santos Solla sobre o Camiño de
Santiago e o seu efecto, e posibilidades no turismo, sumaranse as visións
de diferentes emprendedores da contorna que souberon atopar oportunidades de
negocio no feito da peregrinación xacobea.
A finalidade deste proxecto é divulgar os valores do camiño entre a poboación local e buscar un maior achegamento entre estes e os peregrinos.
Máis actividades
O 27 de marzo ás 20:30 horas, no Centro San Xerome, continuarán ás actividades cunha nova xornada titulada “O Camiño como forma diferente de viaxar: motivacións e experiencias”, na que se contará coa proxección do documental Santiago´s Way e rematará cunha charla-coloquio entre os asistentes.
O 17 de abril ás 20:30 horas, no Centro Cultural vila pecharase o ciclo de “Falemos no Camiño” coa xornada “Unha mirada histórica sobre o Camiño Portugués da Costa”, que contará coa participación de Grato E. Amor Moreno, da Asociación Amigos dos Pazos, e de Ermelindo Portela Silva, catedrático de Historia Medieval, na Universidade de Santiago de Compostela.
Visitas teatralizadas
As visitas teatralizadas misturan a creatividade teatral, a divulgación dos valores patrimoniais entorno ó camiño e a revalorización da peregrinaxe coma forma diferente de viaxar.
Actores da compañía Os Quinquilláns, serán os encargados de realizar as 8 visitas teatralizadas, que terán lugar na primavera do 2020, no Castro do Monte Santa Trega, e que van dirixidas ao público xeral e alumnos de secundaria.
As inscricións poden realizarse no formulario web: https://forms.gle/RY58NechAeqmeJfN9
Ningún comentario:
Publicar un comentario