3 de mar. de 2020

CAMPOSANCOS (A GUARDA)

A ENTIDADE LOCAL MENOR DE CAMPOSANCOS VAI CELEBRAR PLENO ORDINARIO

O mércores día 4 de marzo, ás 19:00 horas, en primeira convocatoria, e ás 19:30 horas, en segunda




Infogauda / Camposancos

  O salón de plenos da Entidade Local Menor de Camposancos (E.L.M.) acollerá este mércores día 4 de marzo, ás 19:00 horas, en primeira convocatoria, e ás 19:30 horas, en segunda, á celebración dunha sesión plenaria ordinaria que estará presidida por Mª Mercedes Martínez Vázquez.

 A orde do día inclúe os seguintes asuntos:

1.- Aprobación da acta da sesión anterior.
2.- Dar conta dos decretos.
3.- Expedente 54/2019. Dar conta de reparos de Intervención.
4.- Expedente 55/2019. Conta Xeral 2018.
5.- Expedente 12/2020. Peche e Liquidación do Orzamento.
6.- Expedente 11/2020. Elaboración e aprobación do Orazamento.
7.- Expedente 3/2020. Recoñecemento extraxudicial de Cretos, nº 1.
8.- Expedente 52/2019. Proposta de indemnización por asistencia a plenos.
9.- Rogos e preguntas.

Ningún comentario:

Publicar un comentario