21 de mar. de 2020

A GUARDA

O Concello da Guarda agradece as doazóns de material de empresas locais e informa da limpeza e desinfección de espazos municipais 

• Mascarillas, luvas de látex ou equipos de teleasistencia foron doados ao Concello da Guarda por parte de empresas locais para o seu uso na prevención contra o coronavirus.

• O Concello recorda extremar as precaucións e pide, especialmente aos grupos de risco, que eviten as saídas da casa e que se precisan calquera cousa que contacten cos Servizos Sociais. 

• O Concello establece quendas para a limpeza e desinfección de espazos municipais.  

Vista parcial da rúa Concepción Arenal e praza de Avelino Vicente, prácticamente baleiras, cumplindo coa normativa implantada no estado de alarma, como medida de prevención contra o contaxio do coronavirus
Foto: C.A.G.


Infogauda / A Guarda

 O executivo do Concello de A Guarda vén de facer público no día de hoxe que quere expresar publicamente o agradecemento á solidariedade das diferentes empresas do municipio que están colaborando na doazón de diverso material para o seu uso na prevención contra o coronavirus por parte da Policía Local, GES, Servizos Sociais e o Servizo de Axuda no Fogar. Entre o material doado atópanse equipos de teleasistencia, mascarillas ou luvas de látex, material para facer fronte e previr o contaxio do persoal que presta nestes intres servizos públicos

 Asemade a Comisión Municipal de Seguimento da evolución do COVID-19, constituída no Concello de A Guarda, e que preside o alcalde Antonio Lomba Baz, quere facer un chamamento rotundo á poboación: “NON se pode saír da casa, hai que evitar, na medida do posible, todas as saídas e as probabilidades de contaxio, para vencer deste xeito ao coronavirus e que non se estenda máis”. 

 Desde a devandita Comisión Municipal recórdase que o grupo de risco, formado por persoas de avanzada idade ou persoas con patoloxías complexas e problemas de saúde, son as que deben de evitar a toda costa saír dos seus fogares, e é por iso que, dende o Concello, se pon a disposición deles os Servizos Sociais municipais (de 9 a 14 horas, no teléfono 986 61 45 07) e a colaboración do GES en tarefas de Protección Civil (620 89 09 02), para todas as xestións e tarefas que precisen como: facer a compra, ir á farmacia, entre outras

 Asemade indican que os corpos e forzas de seguridade do Estado, así coma o persoal sanitario, de emerxencias e persoal municipal están facendo unha labor moi importante para manter a seguridade de todos e velar pola nosa saúde, pero advirten constantemente da presenza nas rúas de persoas dos grupos de risco e, isto non se pode consentir, é tarefa de todos evitar novos contaxios e a propagación do coronavirus. Por favor, queda na túa casa”. 

 Desde a Comisión Municipal de Seguimento da evolución do COVID-19 tamén indican que ten adoptado medidas en canto á limpeza de espazos públicos e municipais, na xornada deste sábado están previstas varias accións neste senso coma por exemplo as limpezas e desinfección completa da Praza de Abastos Municipal, das instalacións  da Policía Local e do GES

 Isto parámolo se quedas na casa, gracias pola túa colaboración.

Ningún comentario:

Publicar un comentario