2 de mar. de 2020

A GUARDA

A unidade móbil de doazóns de sangue visitará novamente á vila guardesa

Estará instalada a carón do Centro Cultural, o venres día 6 e sábado día 7 de marzo 

A unidade móbil do Centro de Transfusión de Galicia voltará a estar ubicada a carón do Centro Cultural da vila
Foto: C.A.G.


Infogauda / A Guarda

 A unidade móbil do Centro de Transfusión de Galicia visitará á vila guardesa o venres día 6 e sábado día 7 de marzo.  

 Este vehículo estará emprazado na rúa Rosalía de Castro (a carón do Centro Cultural) o venres 6, de 10:00 ás 14:00 e de 16:00 ás 21:00 horas e o sábado 7, de 10:00 ás 15:00 horas. 

 Grazas ao emprego destas unidades móbiles, o Centro de Transfusión de Galicia,  intenta facilitar a todos os cidadás o solidario xesto de doar sangue. Sen a implicación de todos é imposible acadar as 500 doazóns de sangue que se precisan cada día nos hospitais galegos.

Ningún comentario:

Publicar un comentario