15 de feb. de 2020

TOMIÑO

Os Socialistas de Tomiño reciben a visita do secretario xeral de Galicia 

Gonzalo Caballero e acompañantes, nos viveiros de Juan Peixoto

Informa (fotografía e redacción): Socialistas de Tomiño    

 Gonzalo Caballero visitounos o pasado xoves día 13 de febreiro en Tomiño, concretamente en Figueiró, acompañado polas dúas concelleiras Violeta De Santiago e Mirta Misa, militantes, simpatizantes e amig@s fixeron un percorrido pola empresa de plantas V. Nilo baixo a guía do seu xerente Juan Peixoto. Transmitiulle ao candidato socialista o malestar polo descalabro e a tardanza do remate da Concentración Parcelaria nesta zona así como a falta de sensibilidade de algunhas administracións que apostan máis polo formigón que por implantar espazos verdes, malia a crise climática que estamos a padecer. 

 O descontento polo Proxecto de Reformulación do tramo PO-350 (recta de Figueiró), sen consenso coa veciñanza e cun grande impacto tanto no territorio como socialmente e económicamente foi, entre outras, demandas que o socialista escoitou atentamente e tomou nota. 

 Gonzalo Caballero segue a pé de País, percorrendo o territorio galego, escoitando a todos os sectores da sociedade galega, entre eles o Medio Rural que esta Xunta de Galicia ten tan descoidado e esquecido. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario