26 de feb. de 2020

SANTIAGO DE COMPOSTELA

Inauguración da exposición  
AS PEQUENAS COUSAS

Sábado 29 de febreiro, ás 12:30 h., no Museo do Pobo Galego
 


 Museo do Pobo Galego / Santiago de Compostela
 Exposición programada no marco da Mostra Internacional de Cinema Etnográfico do Museo do Pobo Galego.
 As pequenas cousas é unha idea de Mapas de Memoria (iniciativa do Centro de Estudios de Memoria y Derechos Humanos – CIEMEDH –  da UNED). A mostra recolle obxectos, documentos, cartas e fotografías de persoas perseguidas e represaliadas polo franquismo, nas que a memoria se puido materializar, e que sobreviviron nas marxes da sociedade. Esta exposición, que se poderá ver por primeira vez en Galicia dentro da programación da Mostra Internacional de Cinema Etnográfico, inclúe achegas procedentes das familias de represaliados galegos para a que conta coa colaboración de particulares e entidades como O Faiado da Memoria e a Asociación para a Recuperación da Memoria Histórica.
 
ACTIVIDADES PARA O SÁBADO 29 DE FEBREIRO:
- 11h00 Presentación do libro El duelo revelado de Jorge Moreno Andrés e encontro con familiares da Asociación para a Recuperación da Memoria Histórica (ARMH).

- 12h30 Inauguración da exposición ‘As pequenas cousas’
Coa presenza dos comisarios, o presidente do Padroado do Museo do Pobo Galego e de Carmen García-Rodeja, presidenta da ARMH.

Ningún comentario:

Publicar un comentario