O ROSAL CELEBRA O DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO CON ARTE E POESÍA
Mural feito polo alumnado de primaria do CPI Manuel Suárez Marquier, e instalado no pavillón municipal do Rosal
Fotos: C.O.R.
Infogauda / O Rosal
O Concello do Rosal celebra o Día de Rosalía, que se conmemora o vindeiro 24 de febreiro, coa arte e a poesía de todos os centros escolares do municipio.
O Rosal rememora os versos dunha das escritoras galegas máis insignes, Rosalía de Castro, do xeito máis orixinal posible: con arte e poesía. Alumnado de todas as idades dos centros escolares do municipio contribuirán a conmemorar o Día de Rosalía, que se celebra o vindeiro luns 24 de febreiro, achegando a todos os rosaleiros e rosaleiras a imaxe e anacos dos poemas da escritora.
Deste xeito, o alumnado de educación primaria do CPI Manuel Suárez Marquier deseñou e creou un mural feito con pezas de madeira sobre as que as/os pequenos artistas deixaron a súa impronta e a súa particular visión de Rosalía de Castro e da súa obra. Este mural quedará colocado de xeito permanente na fachada do pavillón municipal do Rosal, que recordará a figura da escritora ao longo de todo o ano. O alumnado deste centro completou a homenaxe a Rosalía con poemas e marcapáxinas que se distribuirán entre a veciñanza.
Pola súa banda, o alumnado de Secundaria do Colexio da Mata realizaron debuxos interpretando a figura de Rosalía de Castro emulando a diferentes pintoras de renome. Os nenos e nenas do CRA María Zambrano e da Escola Infantil A Galiña Azul do Rosal tamén participaron nesta conmemoración enchendo de cor siluetas de Rosalía de Castro con anacos dos seus poemas, uns debuxos que se repartirán por comercios e restaurantes de todo o concello para que a veciñanza poida desfrutar deles. Estes debuxos estarán dispoñibles ata a primeira semana de marzo.
O Concello destaca a importancia de levar adiante todas estas iniciativas para así homenaxear á escritora galega máis universal, precursora da poesía moderna, unha pioneira do pensamento feminista e a persoa que devolveu ao galego o seu carácter de lingua culta. Tamén quere agradecer a participación e colaboración de todos estes centros educativos

Ningún comentario:
Publicar un comentario