22 de feb. de 2020

GOIÁN

FESTIVAL TAÍÑA

Sábado 22 de febreiro de 2020, na Praza de Goián

 Infogauda / Goián

 O Festival Taíña, de Goián, chega á súa 17ª edición, este sábado 22 de febreiro. Sobre o escenario estarán cinco grupos fora de serie e ademais haberá afterparty. Estas son as actuacións e as horas das mesmas:  
- Kiwi Roots _ 23:30h (música Reggae. Baixo Miño) 
– Liska! _ 00:30h (música Ska. Vigo) 
– Jolof Warrior & TGHB _ 02:00h (música Reggae. Barcelona) – Boyanka Kostova _ 3:00h (música Rural Trap. Santiago de Compostela) 
– Sapoconcho Sem Poncho _ 04:00h ata remate da festa. (música Balkian e cumbia. Baixo Miño)  

 Todo no torreiro de festas, debaixo dunha gran carpa. Acceso libre!  

 A Asociación Taíña traballa todo o ano para poder ofrecer un festival gratuito con grupos vanguardistas de música alternativa de moito nivel, organizando distintas actividades para recadar fondos.

Ningún comentario:

Publicar un comentario