27 de feb. de 2020

LABORAL

O persoal de seguridade dos museos de Vigo mobilizarase diante do Concello para reclamar o pago das débedas 

Este venres 28 de febreiro de 11:00 a 12:30 horas, diante do Concello de Vigo

Seguridade Integral e Mantemento A1 non ingresou a extra do Nadal nin parte da nómina de xaneiro

Infogauda / Vigo

 Como anunciara o pasado día 21 deste mes, a CIG-Servizos desenvolverá unha mobilización diante do Concello de Vigo este venres 28 de febreiro de 11:00 a 12:30 horas para reclamar o pago das débedas co persoal de seguridade da rede museística municipal. Dende a central denuncian que a empresa concesionaria do servizo, Seguridade Integral e Mantemento A1, non lle ingresou a paga extra de Nadal nin parte da nómina de xaneiro ao seu persoal.  

 Segundo sinala o responsábel de Organización de CIG-Servizos, Pedro Pérez, en total están afectados/as 18 traballadores/as que desenvolven a súa actividade na Pinacoteca, no Quiñones de León, na Casa das Artes e na Casa Galega da Cultura. “Esta situación xa se miraba vir dende hai tempo, xa que a compañía sempre se atrasaba co pago das nóminas, tendo varias denuncias na Inspección de Traballo por este incumprimento, entre outros; ademais, tampouco asume as cotas da Seguridade Social destes/as empregados/as dende novembro de 2019”.

Nova relacionada 

Ningún comentario:

Publicar un comentario