4 de feb. de 2020

GOIÁN

CINEMA

O FILME "TRES ANUNCIOS NAS AFORAS",  ABRE O NOVO CICLO DO CINECLUB POLEIRO   

Unha película británica que acadou 2 Oscar, 4 Globos de Ouro, 5 premios Bafta, Mellor guión en Venecia, Premio do público en San Sebastián, entroutros recoñecementos.   



Rita Alonso Pérez / Goián

 O xoves 6 de febreiro, ás 21:30 horas, no Auditorio de Goián, arranca un novo ciclo coa película TRES ANUNCIOS NAS AFORAS,  dirixida por Martin McDonagh.  

 Conta a historia de Mildred Hayes, unha muller de 50 años que inicia unha guerra contra a Policía do seu pobo porque non se esforzan en resolver a violación e asesinato da súa filla adolescente. Contrata unas vallas publicitarias denunciando a pasividade policial.  

Premios (2017): 2 Oscar: Mellor actriz (McDormand) e actor secundario (Rockwell). Festival de Venecia: Mellor guión (Martin McDonagh). 4 Globos de Ouro: Mellor película drama, guión, actriz (McDormand) r actor  de reparto. 5 Premios BAFTA,  incluindo Mellor película. Festival de San Sebastián: Premio do Público           

 O xoves 3 de marzo o cineclub proxecta un drama xaponés UN ASUNTO DE FAMILIA, dirixida por Hirokazu Koreeda.  

Sinopse: Osamu e o seu fillo atopan unha nena no medio dun frio glacial. A familia ainda que é pobre acóllea e vai sobrevivindo con pequenos delictos. Un accidente revela segredos ocultos e pon a proba os lazos que os unen.

 Premios (2018) Palma de Ouro en Cannes á Mellor película, César á Mellor Película Extranxeira, Premio da prensa en San Sebastián. 

 O xoves 2 de abril é o turno de CAFERNAÚM, unha película libanesa dirixida por Nadine Labaki.  

 Sinopse: Ante un tribunal, Zaín, un neno de 12 anos declara ante o xuíz: 

¿Por qué demandas aos teus proprios pais?

- Por darme a vida.               

 Pechamos o ciclo o xoves 7 de maio con BENZINHO, dirixida polo brasileño Gustavo Pizzi. Conta a historia dunha ama de casa de Rio de Janeiro con catro fillos que acolle á súa irmán e ao seu sobriño, vítimas de malos tratos.   

 REBAIXA: O BONO PARA AS CATRO PELÍCULAS CUSTA 6 EUROS 

 O cineclub Poleiro  conta co apoio da Concellería de Cultura do Concello de Tomiño e da Federación de Cineclubes de Galicia. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario