9 de feb. de 2020

DEPORTES

ATLETISMO 

Sergio Rodríguez Teixeira colócase como 2º atleta galego da historia nos 200 metros en pista cuberta


 Sergio Rodríguez Teixeira
Foto: Carlos Javier Serrano

 Informa: Atletismo Coruña Comarca

 O atleta guardés do C.D. Suco Lucena (Córdoba) desprazouse á pista cuberta de Salamanca esta fin de semana para tomar parte dos 200 metros lisos. 

  Nunha gran e disputada carreira contra o atleta do F.C. Barcelona Sergio Husillos, Sergio Rodríguez Teixeira lograría unha marca de 21,75, que supoñen marca mínima para participar nos próximos Campionatos de España de pista cuberta (Ourense, 29 de febreiro e 1 de marzo) e aire libre (Xetafe, 27 e 28 de xuño), mellorando a súa mellor marca persoal baixo teito e colocándose como segundo mellor atleta galego da historia nesta disciplina, superando en 1 centésima a Isidoro Hornillos (21,76 no ano 1982) e por detrás de Mauro Triana, recordman galego da distancia con 21,28. 

 As próximas citas serán o 23/02 co Campionato galego absoluto e o 29/02 co Campionato de España, ambas as en Ourense.

Ningún comentario:

Publicar un comentario