8 de feb. de 2020

DEPORTES

REMO ERGÓMETRO

DAMIÁN ALONSO ALONSO, DE A GUARDA, COLLEITA TRES MEDALLAS NO CAMPIONATO DO MUNDO

No evento celebrado en París, o remeiro guardés logrou un ouro e dúas pratas


Damián Alonso Alonso
Foto: Arquivo

Infogauda / Deportes

  Nesta fin de semana, concretamente os días 7 e 8 de febreiro de 2020, o Pierre de Coubertin Stadium, da cidade de París (Francia), acolleu o Campionato do Mundo de Remo Ergómetro. E nese evento onde déronse cita os mellores remeiros de todo planeta azul, compre salientar á magnífica actuación de Damián Alonso Alonso, que lucindo unha vez máis ás cores do Club de Remo Robaleira, de A Guarda, ven de facer historia ao colleitar tres medallas: unha de ouro e dúas de prata.

 A pesares dunha lesión de última hora, que xeroulle algunhas dúbidas, Damián Alonso Alonso foi a capital de Francia para tentar cumplir seus obxectivos, non para facer turismo. Dese xeito, botándolle todo o pundonor que forma parte do seu perfil humano, non recuou en ningunha das regatas que inicialmente tiña previstas. E así logrou a medalla de ouro (compartida co francés Adrien Decriem) na categoría Open cun crono de 1:25,0; e a medalla de prata na categoría 30-39 PL cun tempo de 1:25,1, a só 3 décimas do vencedor, o francés Cedric Carobbio. 

  E xa na xornada de hoxe, o mítico remeiro guardés redondearía súa existosa estadía parisina, logrando na categoría LM30, súa segunda medalla de prata na regata de 2.000 metros, facendo un crono de 06:27.4.

  Desde este xornal dixital transfronteirizo deixamos constancia deses novos logros de Damián Alonso Alonso, que acreditan, unha vez máis, ás magníficas condicións mentais e físicas deste excepcional remeiro do que A Guarda síntese moi orgullosa.

Ningún comentario:

Publicar un comentario