DEPORTES
Compoñentes do Club de Petanca O Caldeiro, nas instalacións de A Pasaxe (Camposancos), visibilizando seu posicionamento contra á violencia de xénero
Foto: C.P. O Caldeiro
Ricardo Rodríguez Vicente / Camposancos
A práctica deportiva é un hábito saudable a calquera idade. Se ademáis, esa práctica desenvolvémola ao aire libre, os beneficios son ainda maiores. E se a iso engadimos á convivencia respectuosa entre persoas de ambos sexos, de diferentes edades, procedencias, ocupacións profesionais, e mesmo pensionistas, estamos fomentando á integración social e a socialización, e ao mesmo tempo contribuindo á construcción dunha sociedade na que non teña cabida ningún tipo de discriminación, nin ningún atentado contra a integridade, a dignidade e a liberdade das mulleres.
Un bo exemplo de todos eses valores que vimos de referir témolo no Club de Petanca O Caldeiro, de Camposancos (A Guarda), onde mulleres e homes, practican o deporte da petanca nas instalacións sitas no lugar do Caldeiro, na Pasaxe, a carón do río Miño, e onde a cotío comparten esa actividade deportiva, en igualdade, sen ningún tipo de discriminación cara ás mulleres, e rexeitando calquer signo de violencia de xénero.
Hola amigos os deseo que lo paseis mui vien con este deporte, es mui saludable, saludos para todos y segir a si de guapetones, si todo ba vien nos beremos este verano.
ResponderEliminar