12 de feb. de 2020

DEPORTES

Liga Galega de Hockey Liña en Vigo

O equipo guardés A Guarda Hockey Liña organiza a Terceira Sede da Liga Galega de Hockey Liña 

Os da Guarda vense na obriga de xogar coma locais en Vigo pola escaseza de instalacións deportivas da súa vila



Informa: José Miguel Fernández Lomba  

 O equipo guardés A Guarda Hockey Liña organiza a Terceira Sede da Liga Galega de Hockey Liña na categoría masculina. A cita será o vindeiro domingo día 16 no pavillón municipal de Bouzas, en Vigo. Coma ven sendo habitual nos seus dez anos de historia os da Guarda vense na obriga de xogar coma locais en Vigo pola escaseza de instalacións deportivas da súa vila.  

 A xornada desenvolverase de maneira ininterrompida dende ás 10:00 da mañá ata ás 21:00 horas, con equipos das catro provincias que disputarán partidos correspondentes ás xornadas 8 e 9 da Liga Autonómica da disciplina.  

 A Guarda Hockey Liña enfrontarase ós primeiros clasificados, Lóstregos, de Lugo ás 10:00 horas, e a Alquimia InLine, da Coruña ás 15:00 horas. Será unha xornada vital para o equipo guardés xa que ocupa a cuarta praza da clasificación, empatados a puntos co terceiro clasificado, o Morcegos de Ourense. A xornada completarase co encontro que enfrontará os equipos xuvenís de A Guarda Hockey Liña e Lóstregos, de Lugo ás 20:00 horas.

Ningún comentario:

Publicar un comentario