12 de feb. de 2020

MOVEMENTOS SOCIAIS

CAMIÑO DO 8M DO 2020 

Este próximo venres organizamos a nosa primeira actividade pública na cidade de Vigo. Faremos retumbar as rúa da cidade có noso pasarrúas-Batucada, que sairá as 19:00 desde o Alcampo de Coia



 Galegas 8M / Vigo


 Queremos informar da actividade que organiza GALEGAS8M  este próximo venres día 14 de febreiro.


 Tras un tempo de traballo interno para preparar a convocatoria deste próximo 8 de marzo. Este próximo venres organizamos a nosa primeira actividade pública na cidade de Vigo. Faremos retumbar as rúa da cidade có noso pasarrúas- Batucada, que sairá as 19:00 desde o Alcampo de Coia.


 Hai tres anos repensamos o 8 de marzo en clave galega, diversa, inclusiva e horizontal. A través de convocatorias e xuntanzas abertas en distintas cidades e vilas de todo o país, colectivos feministas e mulleres individuais de toda Galiza tecemos rede e comezamos a traballar na organización dunha mobilización nacional, que unise á diversidade do feminismo galego baixo o paraugas da Asemblea Galegas 8M.


 No 2018 foi Vigo, no 2019 Lugo e este ano unimos a  nosa forza en Verín, non podería haber un lugar mellor!


 A través desta convocatoria solidarizámonos coa loita exemplar que desempeñaron as compañeiras de Verín fronte a privatización e precarización dos servizos públicos de saúde. Denunciando a violencia obstétrica que sufrimos, a violencia institucional que exerceron durante meses contra as mulleres da comarca pechando o seu paritorio e as urxencias pediátricas.


 Despois de dous anos de éxito rotundo nas mobilizacións e no seguimento da folga de mulleres no ámbito laboral e estudantil, chegamos ao 2020 cun 8 de marzo en domingo e unha reflexión. O que realmente foi complexo conseguir no 2018 e 2019 foi a folga de coidados... Porque moitas veces é imposíbel parar de coidar!!


Con esta sensación no corpo chegamos a este ano e decidimos centrar as reivindicacións en tres eixos:


O coidado.


O coidado do territorio.


O consumo.


 Os coidados son todos eses traballos invisíbeis que facemos para o mantemento da vida. Desde ocuparnos das crianzas e dependentes, ás compras, á limpeza da casa... Máis tamén ao coidado da natureza. 
 

 Cunha visión rotundamente anticapitalista, Galegas 8M queremos reivindicar a vida como centro. Queremos pór en valor o que fica oculto. Queremos derrubar un sistema que pon o enriquecemento económico  por riba das persoas e o noso entorno. Porque SEN COIDADOS NON HAI VIDA, porque MUDANDO O SISTEMA, DERRUBAREMOS O PATRIARCADO.

Chamamos a todas a manifestarnos xuntas en Verín, e participar na manifestación que terá lugar o día 8 de marzo en Vigo.

Ningún comentario:

Publicar un comentario