HOCKEY LIÑA
Victoria de A Guarda Hockey Liña no partido disputado este domingo
O día 16, no pavillón municipal de Bouzas, en Vigo, o clube guardés organiza a Sede de Liga Galega na categoría masculina
O día 16, no pavillón municipal de Bouzas, en Vigo, o clube guardés organiza a Sede de Liga Galega na categoría masculina
Na imaxe, xogadores do club A Guarda Hockey Liña
Informa (fotografía e redacción): José Miguel Fernández Lomba
O pasado domingo día 9 de febreiro o equipo local A Guarda Hockey Liña disputou o partido aprazado correspondente á Liga Galega de Hockey Liña na categoría masculina.
O encontro saldouse con victoria do equipo guardés con un resultado de 5-3 fronte a un rival directo - Os Morcegos, de Ourense - para a clasificación dos play offs da categoría. Nun ateigado pavillón do Monte da Mina, de Vigo, o equipo masculino da Guarda venceu con solvencia ó equipo ourensán e consolida a sua presenza na parte alta da táboa, ocupando a cuarta posición, empatado a puntos cos propios Morcegos, con un partido menos disputado.
O vindeiro domingo día 16, no pavillón municipal de Bouzas, en Vigo, o clube guardés organiza a Sede de Liga Galega na categoría masculina, enfrontándose ó líder Lóstregos, de Lugo, as 10 da mañá. e a ADC Alquimia InLine, da Coruña, as 3 da tarde.
Ningún comentario:
Publicar un comentario