O novo catalogo da exposición de Maruja Mallo e Luis Seoane sitúa a ambos artistas como expoñentes da vangarda galega
O
conselleiro de Cultura e Turismo, Román Rodríguez, situou a Maruja
Mallo e Luis Seoane como dous dos principais expoñentes da vangarda
galega
Foto: X.G.
Foto: X.G.
Infogauda / Lalín
O conselleiro de Cultura e Turismo, Román Rodríguez, situou a Maruja Mallo e Luis Seoane como dous dos principais expoñentes da vangarda galega. Fíxoo tras participar xunto co alcalde de Lalín, José Crespo, na XXII edición do Cocido das Artes, enmarcada a programación da 52 edición da Feira do Cocido, e na que se deu a coñecer o catálogo da exposición Creacións máxicas de medidas exactas Maruja Mallo e Luis Seoane en Bos Aires (1936-1965), que se pode visitar no Museo Municipal Ramón María Aller ata o 13 de marzo.
A celebración deste evento incluíu unha ampla programación de actos que conxugan arte e gastronomía. De feito, o responsable de Cultura e Turismo da Xunta e o rexedor lalinense tamén participaron na tradicional ofrenda ao Porco, que contou coa interpretación musical do gaiteiro Plácido Rozas, e no XXII Cocido das Artes, a tradicional xuntanza de artistas plásticos, literatos, músicos, amantes das artes e da cultura para render homenaxe a este prato icónico da gastronomía galega.
Ningún comentario:
Publicar un comentario