19 de feb. de 2020

A GUARDA

O BNG solícitalle ao alcalde unha reunión de portavoces polo peche do ISM e da Capitanía Marítima  

Anxo Lois Baz (voceiro municipal do BNG): “É preocupante a falta de sensibilidade das Institucións coa Guarda. Agora péchannos servizos fundamentais”  

Anxo Lois Baz Vicente, voceiro municipal do BNG no Concello de A Guarda


Infogauda / A Guarda

 Ante as noticias preocupantes que practicamente da o peche á delegación local do Instituto Social da Mariña (ISM) e á Capitanía Marítima, o portavoz municipal do BNG no Concello de A Guarda, Anxo Lois Baz Vicente, presentou no rexistro do concello, un escrito solicitando unha reunión de portavoces.  

 “A perda de servizos para un concello como o noso é un desastre, por iso, debemos reclamar a continuidade destes servizos para evitar empeorar as condicións de vida da nosa xente do mar”, subliñou Anxo Lois Baz, portavoz municipal do BNG.  

 A desaparición destas oficinas, vai obrigar - segundo prevé Anxo Lois Baz - a mariñeiros e familias a ter que desprazarse fora da Guarda para facer trámites administrativos que até agora se viñan facendo aquí.  

 Para o BNG é fundamental un posicionamento de todas as formacións políticas para, da man das organizacións pesqueiras, esixir ás Autoridades pertinentes a toma en consideración a localización da Guarda e do servizo que realiza á poboación tanto da Guarda como do Rosal e Oia, afirma o voceiro nacionalista.

 Por medio da deputada do BNG Montserrat Prado Cores, os nacionalistas presentaron unha iniciativa no Parlamento de Galicia, esixindo ao goberno galego e ao goberno español que actúen para resolver esta situación. “É fundamental ir da man do sector do mar, nós debemos ser un apoio fundamental para evitar o peche”, sinalou Anxo Lois Baz.

Ningún comentario:

Publicar un comentario