19 de feb. de 2020

O BAIXO MIÑO

Un total de 11 empresas presentan as súas ofertas para executar a mellora de seguridade viaria na PO-552, entre os Concellos de Tomiño e Tui, cun investimento de 548.000 euros

Estas obras enmárcanse na estratexia da Xunta para eliminar os tramos de concentración de accidentes nas vías autonómicas nesta lexislatura  

Esta actuación prevé a execución dunha glorieta na intersección da PO-552 coa estrada PO-344, en Tomiño; a mellora da intersección do punto quilométrico 69+150, e a construción doutra rotonda na intersección coa estrada PO-350, en Tui  

Estas medidas compleméntanse coa reordenación dos pasos de peóns, o reforzo da iluminación nestes pasos, a execución de beirarrúas no perímetro das novas glorietas e a colocación de marquesiñas nas paradas de autobús  

Para avanzar nos trámites cara a comezar as obras de supresión deste “punto negro” os titulares dos terreos necesarios para executar estas actuacións están convocados os días 11 e 12 para o levantamento de actas previas a súa ocupación

Infogauda / O Baixo Miño

 Un total de 11 empresas veñen de presentar as súas ofertas para executar as obras de mellora de seguridade viaria na estrada PO-552, nos concellos de Tui e Tomiño. 

 A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade financia esta intervención cun investimento de máis de 548.000 euros, e se enmarca na estratexia da Xunta para eliminar os tramos de concentración de accidentes nas vías autonómicas nesta lexislatura. 

 Entre as actuacións proxectadas destacan a execución de dúas novas glorietas nas interseccións coas estradas PO-344 e PO-350, en Tomiño e Areas, no concello de Tui. 

 O departamento de Infraestruturas da Xunta, considerando as achegas recibidas no proceso de información pública, definiu a execución dunha glorieta na intersección da PO-552 coa estrada PO-344, no concello de Tomiño; a mellora da intersección do punto quilométrico 69+150, e a construción doutra rotonda na intersección coa estrada PO-350, no concello de Tui. 

 Estas medidas compleméntanse coa reordenación dos pasos de peóns, adaptándoos á nova configuración das interseccións. 

 Reforzarase a iluminación específica para estes pasos, con sistemas detección de peóns que mellorarán a percepción do peón por parte dos condutores. 

 Tamén se construirán beirarrúas no perímetro das glorietas executadas e se resituarán as paradas de autobús, dotándoas ademais de novas marquesiñas.

 Cómpre lembrar que para avanzar nos trámites para comezar as obras de supresión deste “punto negro”, os titulares dos terreos necesarios para executar estas actuacións están convocados os días 11 e 12 para o levantamento de actas previas a súa ocupación.

Ningún comentario:

Publicar un comentario