21 de xan. de 2020

TOMIÑO

Publicado o prazo para solicitar as axudas por fillo ou filla menor de tres anos 

A presentación das solicitudes comezou o día 21 de xaneiro e rematará o día 10 de marzo de 2020, ambos os dous incluídos
  

Infogauda / Tomiño

 A Xunta de Galicia vén de publicar no DOG do 20 de xaneiro de 2020, o prazo para solicitar a prestación económica de pagamento único por fillas e fillos menores de tres anos; unha axuda da que poderán beneficiarse as persoas que teñan fillas ou fillos menores de tres anos nados entre o 1.1.2017 e o 31.12.2017, ambos os dous días incluídos.  

 Outro dos requisitos para beneficiarse destas axudas é que, durante o ano 2018, ningunha das persoas que compoñen a unidade familiar, presentasen a declaración da Renta nin estivesen obrigadas a presentala.  

 O prazo de presentación das solicitudes comezou o día 21 de xaneiro e rematará o día 10 de marzo de 2020, ambos os dous incluídos.  

 No Departamento de Benestar Social do Concello de Tomiño (teléfono 986 62 32 11) pode recollerse o impreso de solicitude necesario para pedir as axudas.

Ningún comentario:

Publicar un comentario